Aínda que “non tocaba falar deso”, segundo confirmou o secretario da propia RAG que lle dixera o presidente da Academia de camiño a Ourense, foi o propio Baltar Pumar o que sacou o tema a colación. O presidente da Deputación de Ourense asumíu un compromiso económico coa Real Academia Galega, consciente como é, dixo o titular da institución provincial ourensá, dos apretos económicos polos que está a atravesar a RAG. Todo esto ocurríu este lunes, na primeira visita oficial pública que fixeron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, e outros membros da RAG, e que foi a Deputación Provincial de Ourense.
 
 
Baltar compromete axuda económica da Deputación de Ourense a Real Academia Galega
 
9 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, anunciou este luns, durante á audiencia oficial ao novo presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, que a institución provincial asumirá un compromiso económico coa RAG “para apoiar e potenciar unha institución clave e esencial na defensa do noso idioma, motor da nosa lingua, e base fundamental para entender a identidade de Galicia”. 
Baltar dixo que a colaboración entre a Deputación de Ourense e a RAG, terá como marco un convenio de colaboración que ambas entidades asinarán “para que dende a Deputación poidamos contribuír a paliar os problemas económicos que ten a Real Academia Galega, institución que sempre nos terá do seu lado para traballar pola defensa do noso idioma”, explicou o presidente provincial.

Méndez Ferrín e outros membros da RAG realizaron este luns a súa primeira visita a unha institución pública dende que foron elididos como integrantes da nova directiva da Real academia. En Ourense, Ferrín lembrou a longa tradición “de axuda e compromiso” da Deputación de Ourense coa cultura galega, que converte a esta institución nun referente de apoio á nosa lingua. Agradeceu ademais o anuncio de José Luis Baltar de asinar proximamente un convenio de colaboración, “porque aínda que hoxe non tocaba falar de cuestións económicas, este ofrecemento do presidente provincial é moi de agradecer”.

Méndez Ferrín dixo que a RAG debería financiarse como acontece con outras institucións homólogas, e citou como exemplo a academia de Euskadi, que  conta con financiamento autonómico e tamén do Goberno Foral de Navarra e mesmo de Francia.
Na RAG traballan la actualidade 28 persoas e desenvólvense proxectos como a actualización constante do diccionario galego; proxectos de gramática, toponimia e onomástica, “para o cal faise necesario contar cun orzamento anual que permita planificar o traballo e os proxectos”, dixo Ferrín. O presuposto anual da RAG ronda na actualidade os 1,2 millóns de euros.
José Luis Baltar agradeceulle a Méndez Ferrín que a Deputación de Ourense sexa unha das primeiras institucións que visitan os membros da RAG, “unha deferencia que valoro de maneira extraordinaria”, sinalou o titular da institución provincial ourensá.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página