Nova actividade do “Cinensino” do Concello, que proxecta este luns unha películapara máis de 1.100 alumnos e 52 profesores de 12 centros educativos desta cidade. A Concellería de Sanidade, da que parte esta iniciativa, sinala que a proxección ten unha finalidade didáctica, e persigue concienciar aos mozos dos riscos que supón o consumo de drogas, e tentar retrasar ou impedir o inicio no seu consumo.
 
 
Máis de 1.100 escolares noutra proxección de “Cinensino” este luns no Auditorio  

8 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza este luns, día 8, no Auditorio, a actividade “Cinensino”, na que alumnos de 1º e 2º de ESO dos centros educativos da cidade asistirán á proxección da película “O fillo de Rambo”. Realizaranse dúas representacións, ás 9:00 e 12:00 horas, nas que participarán 1.136 alumnos e 52 profesores, de 12 centros educativos. A proxección ten unha finalidade didáctica, e persigue concienciar aos mozos dos riscos que supón o consumo de drogas, e tentar retrasar ou impedir o inicio no seu consumo.

“Cinensino” é un dos programas de Educación para a Saúde que organiza a Concellería de Sanidade, e “pretende ser un instrumento complementario nesta área dentro do actual sistema educativo”, sinalan os responsables desta iniciativa. Para isto, o programa debe ser asumido polos centros educativos ós que se lles facilita asesoramento, medios e formación para que sexa impartido polo profesorado. O soporte base é o cine, e mediante a proxección dun filme irase afondando e traballando en diferentes temas relacionados coa prevención do consumo de drogas.

Volver atras
Imprimir Página