Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Fernando Varela, concelleiro de Deportes

 
  O futuro polideportivo das Eiroás será unha realidade antes de que remate este ano, asegura o Concello de Ourense. A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a adxudicación provisional da concesión de obra pública para a construcción destas instalacións deportivas, un proxecto que comprende tamén a reforma, mellora e xestión das piscinas públicas de Oira, as cales, se todo discurre en prazo, poderían estar xa en funcionamento para mediados do vrán.
 
 
O Concello non descarta a entrada en servizo do polideportivo das Eiroás antes de que remate o ano
5 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense é optimista respecto as previsións para o futuro polideportivo de Eiroás. Conta que sexa unha realidade antes de que remate este 2010. A Xunta de Goberno Local ven de aprobar este xoves a adxudicación provisional da concesión de obra pública para a construcción destas instalacións deportiva. Esta obra conleva tamén a reforma, mellora e xestión das piscinas públicas de Oira, sinala o Concello. Tamén aquí é optimista o bipartito, xa que conta que estén en funcionamento para mediados do vindeiro verán.

A adxudicación provisional desta obra, promovida desde as  Concellerías de Infraestruturas e Deportes, recaeu na  empresa SERVIOCIO S.L e suporá a construcción e explotación destas instalacións por un prazo de 36 anos, segundo o estipulado no prego de condicións municipais.
As obras requerirán un investimendo  9,7 millóns de euros, 7.878.000 euros destinados ao polideportivo e 1.871.000 euros á reforma das piscinas.  A aportación municipal será de 316.000 distribuidos en até 8 anualidades.
O futuro polideportivo nas Eiroás ven subsanar en gran medida o déficit en infraestruturas deportivas do que adoece Ourense, cun único recinto destas carácterísticas que é o Polideportivo dos Remedios. As novas instalacións hoxe aprobadas incluirán un campo de fútbol de herba artificial con vestiarios propias, dúas piscinas, ximnasia, e sala multiusos, ademais de recepción e espazos comúns. Prevése que a súa posta en funcionamento xenere entre 25 e 30 novos postos de traballo.

No caso da reforma das piscinas de Oira, procederáse a reformar os dous vasos hoxe existentes, construiránse vestiarios novos e instalárase un servizo de bar-cafetería. As obras neste recinto veñen completar o lavado de imaxe que se ven desenvolvendo no entorno deportivo fluvial de Oira, onde esta mesma semana visitabánse as obras de reforma do polideportivo, practicamente rematadas, e a nova iluminación das pistas de fútbol 7 e volei praia. En total, o investimento nesta zona,ao que hai que sumar o novo pavimentado, alumeado e ampliación de beirarrúas, ascende a máis de  2,7 millóns de euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página