A Deputación de Ourense acaba de poñer en marcha o proxecto de dixitalización dos arquivos da institución provincial. O primeiro será establecer o procedemento en sí, ao que xa se deu comezo este mesmo mércores. De entrada, califícase de “imprescindible” a realización dun estudo técnico previo dos propios fondos documentais da Deputación, para a súa posterior dixitalización e posta en valor. A Deputación quere presentar este proxecto ao programa “Avanza Contenidos”, e así obter financiamento por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. E anuncia que, unha vez completada a laboura, a través deste Centro de Coñecemento os cidadáns terán acceso ós importantes fondos da Deputación de Ourense.
 
 
A Deputación de Ourense pon en marcha o procedemento para dixitalizar os seus fondos
 
4 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos, negociado que depende do Servizo de Investimentos, Patrimonio e Subvencións, ven de poñer en marcha este mércores un proxecto de dixitalización dos arquivos da institución provincial.
 “A necesidade da dixitalización e posta en valor dos importantes fondos documentais e bibliográficos, así como doutro tipo, atesourados pola Deputación de Ourense, fai que sexa  imprescindible a realización dun estudo técnico previo dos seus  fondos documentais para a súa posterior  dixitalización e posta en valor”, sinalan os responsabeis da institución provincial ourensá, que concretan ao respecto que se porá especial atención na salvagarda daqueles documentos que pola súa especificidade poidan irremediablemente perderse para sempre se non se procede á súa salvagarda.

Neste proxecto acometeranse as tres seguintes tarefas: o estudo das necesidades de xestión documental da Deputación de Ourense; o estudo e proposta da solución técnica máis axeitada; e a elaboración da memoria técnica e resumo executivo.
 A contratación deste servizo foi adxudicada á empresa Tecnocom, SA, con experiencia na realización destes estudos, segundo lle consta a Deputación de Ourense

Considérase que o estudo técnico é un paso previo “imprescindible e necesario” para acometela creación dun Centro de Coñecemento para a explotación do patrimonio documental e bibliográfico conservado nos diferentes departamentos ou seccións da Deputación, como poden ser a Biblioteca da Deputación, o Arquivo Provincial, a Escola de Danza, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas”, Publicacións, etc. Esto de cara a posterior presentación ao programa “Avanza Contenidos”,  e así obter financiamento por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A través deste Centro de Coñecemento os cidadáns terán acceso ós importantes fondos da Deputación de Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página