O Xoves de Compadres abre o calendario das datas máis fortes do Entroido que está a chegar xa. Chegada a ocasión, o Concello de Ourense organiza para este 4 de febreiro o primeiro destes Xoves, o de Compadres. Un cento de rapaces de tres centros educativos da cidade correrán os bonecos na Praza Maior desta cidade a partires das once da mañá. Ademais das tradicionais loitas haberá  obradoiros  de confección de máscaras dirixidos por persoal especializado.
 
 
Cen nenos ourensáns correrán o Xoves de Compadres na Praza Maior este 4 de febreiro  

4 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Como en anos anteriores chegada a ocasión, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza este xoves, día 4 de febreiro, o Xoves de Compadres na Praza Maior, de 11:00 a 12:30 horas.
Aproximadamente 100 escolares de Educación Primaria de 3 centros de ensino da cidade, os CEIP de O Couto, Irmáns Villar e Inmaculada,  participarán nesta actividade na que utilizarán os compadres que eles mesmos confeccionaron nos seus centros escolares coa axuda de monitores especializados que levaron o material empregado para a súa realización.

Ademais das tradicionais loitas haberá  obradoiros  de confección de máscaras dirixidos por persoal especializado, co obxectivo de que os nenos e nenas coñezan máis profundamente o Entroido Ourensán, sinala o departamento de Ana Garrido, concelleira de Educación. Este ano realizarase a máscara do Vergalleiro, típico do Entroido de Sarreaus, na comarca de A Limia.
Esta actividade está incluida no programa “Días con nome propio” que desenvolve a  Concellería de Educación, e que continuará o vindeiro día 11 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres, tamén na Praza Maior.

Volver atras
Imprimir Página