As instalacións deportivas de Oira gozan de novo aspecto ante o avanzado das obras que a Concellería de Deportes vén desenvolvendo nos últimos meses.  Desde comezos de ano, as pistas de fútbol 7 e volei praia contan xa  cun novo e completo sistema de alumeado. Así mesmo, estáse dando os retoques finais a reforma do polideportivo, que se traducirá no pechamento total do recinto, ampliación de vestiarios, melloras no acondicionamento  e habilitación de novos espazos multiusos.  As obras foron financiadas parcialmente con cargo ao Fondo Estatal de Investimento e suman un investimento total de máis de 530.000 euros.
 
 
As obras das instalacións deportivas de Oira estarán rematadas no prazo dun mes
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
3 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Tenente Alcalde de Ourense, Andrés García Mata, e o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, visitaron as obras que están a executar no pavillón polideportivo de Oira. Xa a piques de rematar, o proxecto supuxo unha reforma completa destas instalacións, longamente demandada polos usuarios, segundo informa o departamento de Fernando Varela.
As obras supuxeron o derrubamento da grada  sur e vestiarios de cara a ampliar estes últimos; substitutiuse todo o pavimento  e melloráronse os aillamentos e condicións térmicas das instalacións, o que inclúe tamén a colocación de paneis solares na cuberta para aproveitamento enerxético e auga quente. Ademais, pechanse espazos antes abertos, polo que todo o recinto quedará cuberto, e habilitáse unha nova sala multiusos, na que previsiblemente instalaráse un ximnasio. A reforma contou cun orzamento de 360.000 euros.

Para o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, con estas obras recupéranse e amplíanse os usos dun espazo moi empregando polos ourensáns, de xeito que “haberá espazo para baloncesto, fútbol sala, balonmano e hockei, especialmente para os practicantes deste último, xa que moitos clubes estaban aquí asentados”.

Novo sistema de alumeado

Na mesma visita procedeuse ao acendido inaugural das novas instalacións lumínicas das pistas de fútbol 7 e volei praia do recinto. En total son 24 novas luminarias de gran formato as que se instalaron, de cara a acadar os mínimos requeridos polas correspondentes federacións deportivas para este recinto; 18 proxectores para o campo de fútbol e 6 para o de volei praia.
O orzamento desta actuación ronda os 176.000 euros.

Segundo o Tenente Alcalde, estas obras continuan a deslocalizar as instalacións deportivas na cidade, un paso preciso para cumplir a máxima de “Deporte para todos” que marca o traballo da Concellería que dirixe Fernando Varela. “Entendemos que todas as zonas da cidade teñen dereito a contar con instalacións deportivas dignas alí onde sexa preciso e que as actuais atópanse as veces saturadas, polo que é preciso continaur traballando para amplialas e mellorar as existentes”, sinalou Andrés García Mata.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página