Rematou o obradoiro para 25 desempregados de Lobios “Xurés”, que desenvolveu actividades nos módulos de albanelería e restauración de áreas. O obradoiro rematou con un importante reconto de realizacións materializadas por as dúas ducias de desempregados que tomaron parte nel. Na clausura, a cargo do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez subliñou que este tipo de obradoiros “suponen unha importante ferramente de formación para que os desempregados consigan acceder ao mercado laboral”.
 
 
Chega ao seu remate o obradoiro “Xurés” de Lobios cunha boa ristra de realizacións
3 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Rematou o obradoiro de emprego “Xurés” que se desenvolveu no Concello de Lobios e no que participaron 25 desempregados desde concello. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de presidir este martes o acto de entrega de diplomas aosalumnos que remataron con éxito este obradoiro.
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia aportou 524.190,00 euros ao desenvolvemento deste obradoiro de emprego co que se propuxo, segundo Rogelio Martínez, “que os desempregados teñan o seu alcance unha ferramenta de formación para conseguir disminuir o paro no rural”.

Do total de 25 desempregados que tomaron parte neste obradoiro, 17 foron mulleres e 8 homes. A actividade formativa tivo unha duración dun ano, e contou con dous módulos de especialidades, albanelería e restauración de áreas.
No primeiro, o obradoiro de albanelería, participaron 17 desempregados, 8 homes e 9 mulleres, no obradoiro de restauración de áreas participaron 8 alumnos, 6 mulleres e 2 homes.
Dentro das actuacións que se levaron a cabo neste obradoiro de emprego “Xurés”, cabe destacar a adaptación da antiga aduana de A Magdalena, actuacións na antiga casa do médico, obras de acondicionamento nos vestiarios de campo de futbol, no camping e a restauración das áreas degradadas da Baixa Limia-Serra do Xurés, rutas como a do río Vilameá, da Ermida do Xurés, da Corga da Fecha, das Minas das Sombras, da Cabaliña do Curro, do Padrendo, e do Río Mao.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página