O autobús de “Libros sobre rodas” chegou este luns a Verín, no percorrido que está a facer por Galicia e que durará ata o día 8 deste mes de de febreiro. O autobús promocional que permanece unha xornada en cada vila, está equipado para labores de dinamización cultural e conta cun equipo de animadores, que realizarán actuacións promocionais na rúa, baseadas no obxecto da campaña. En Verín estiveron o alcalde deste Concello, Juan Manuel Jiménez Morán, e o escritor Xosé Carlos Caneiro, entre outros.
 
 
A campaña de animación á lectura “Libros sobre rodas” chegou este luns a Verín
 
2 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura participou este luns na presentación da iniciativa “Libros sobre rodas” en Verín, encadrada nos actos do Ano do Libro e da Lectura, que acada o ecuador do seu itinerario tras comezar o pasado luns 25 en Santiago de Compostela. O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a concelleira de Cultura, Mª Corona Meixeira Romasanta e o escritor Xosé Carlos Caneiro foron partícipes da presentación do autobús da lectura na cidade ourensá, que estivo situada na Praza García Barbón.  
O autobús promocional que permanece unha xornada en cada vila en horario de 12:30 a 14:00 horas, está equipado para labores de dinamización cultural e conta cun equipo de animadores, que realizarán actuacións promocionais na rúa, baseadas no obxecto da campaña.

O espectáculo central busca estimular a curiosidade ou o interese do público, como base para acceder a novas dimensións de pracer pola lectura. Con este fin, o público accede ao autobús por un espazo simbolicamente escuro, canto á estrutura, para acceder, a través del, á beleza e á luminosidade do coñecemento. Como remate, os visitantes reciben o agasallo dun volume “A grande aventura do libro”, onde encontran as orixes e a evolución do libro como instrumento básico da cultura ao longo da historia, exposto dun xeito ameno e sinxelo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página