Como tódolos anos por estas datas chegan os obradoiros para aprender a facer disfraces para o Entroido que se aveciña. Este mes luns, día 1 de febreiro, comezan na Aula da Natureza de Oira unha serie de actividades organizadas pola Concellería de Educación do Concello de Ourense, nas que inscribirse é de balde. Son sempre pola tarde, de seis a oito e media, e durarán ata o día 15 deste mes.
 
 
Comezan os obradoiros do Concello para facer disfraces de Entroido
1 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o ciclo de obradoiros "Aprende a facer os teus disfraces con material reciclado”, dixirido a persoas de tódalas idades, que se desenvolverá do 1 ó 15 de febreiro na Aula de Natureza do río Miño, en Oira, de 18:00 a 20:30 horas. Os alumnos participarán en actividades baseadas na elaboración de disfraces para o Entroido empregando materiais reciclados como pode ser cartóns, papel de xornal, botellas de plástico, roupa vella, teas, cds, bolsas de plástico ou calqueira tipo de material reutilizable, empregando moita creatividade.

A actividade ten como obxectivos que as persoas aprendan a reciclar todo tipo de materiais mentres se divirten e, ó mesmo tempo, concienciar do valor do traballo de separación de residuos na casa e do axeitado depósito destes nos colectores, para seren aproveitados da forma máis apropiada, e coñecer o proceso da reciclaxe e destino de residuos concretos cun único obxectivo: o coidado do medio ambiente.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
 
Volver atras
Imprimir Página