Dúas naves industriais anexas ao Campo da Feira, serán derrubadas para crear unha nova zona verde, unha vez que o Concello de Ourense se fixo con elas. Deste xeito recúperase para a cidade unha parcela de 5.000 metros cadrados que vovlverá a ser de uso público, e que posibilita abrir o espazo do Campo da Feira ao río Miño. Deste xeito lógrase a liberación dun enclave singular na cidade e estratéxico para o aproveitamento termal.
 
 
A cidade gaña 5.000 metros cadrados e saída do Campo da Feira ao río Miño
29 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Dúas naves industrias situadas no Área de Reparto AR 36 N,  anexas ao recinto do Campo da Feira, nas marxes do Barbaña, xa son de titularidade pública. A Concellería de Turismo e Termalismo ven de realizar a compra dos inmóbeis, recuperando así o Concello de Ourense unha parcela de 5.000 metros cadrados que volverá ser de uso público e se destinará, en principio, a zona verde.
A acción inclúese dentro das pautas marcadas no Plan Estratéxico Termal de Ourense, e contempla a liberación dun enclave singular na cidade e estratéxico para o aproveitamento termal.

Os terreos da parcela suman un espazo de 5.000 metros cadrados recuperados para a cidade, e que darán continuidade ao proxecto de reforma, xa moi avanzado, do Campo da Feira, anexo ao recinto.  A compra supuxo un investimendo de 578.000 euros.  O obxectivo é destinar este espazo a un área de desfrute público, previsiblemente unha zona verde.
O Concello de Ourense considera que con esta acción dase un paso más no acondicionamento e posta en valor do entorno do Campo da Feira tradicionalmente pechado ao río e cun alto grao de feísmo urbanístico. Supón, como explicou a propia edil de Tremalismo, Ana Garza, unha aposta máis pola recuperación das ribeiras do Miño e a súa orientación cara o termalismo e o turismo que deste se deriva, xerando espazos de lecer para a cidadanía.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Ana Garza, concelleira de Termalismo
 
 
Volver atras
Imprimir Página