No pleno ordinario de xaneiro da Deputación a celebrar este venres, aprobáranse as bases de elaboración do Plan Provincial de Cooperación para o 2010 que está dotado con 3,8 millóns de euros. O Estado aportará 1,4 millóns, 1,5 a Deputación e os restantes 927.793 os concellos. Asemade, aprobaránse 1,2 millóns de euros para a Red viaria provincial, dos que Estado e Deputación aportan a partes iguales. Por parte do Estado, a subvención prevista (a falta de confirmación oficial) para a anualidade 2010 será de 2.025.407 €. Cada concello de menos de 20.000 habitantes terá un investimento garantido de 42.370 euros.
 
 
3,8 millóns nos Planes de Cooperación da Deputación e 1,2 millóns para Rede viaria en 2010
 
27 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación de Ourense prevé destinar este ano máis de 2 millóns de euros para a realización de obras nos concellos da provincia e para mellora e conservación da rede viaria provincial. Así o recollen as bases do Plan Provincial de Cooperación para o 2010, que o vindeiro venres será debatido no pleno da institución provincial para a súa aprobación.
Das tres administracións que aportan financiamento para levar a cabo as obras municipais a Deputación de Ourense é a que maior porcentaxe de fondos destina, un 39,2%, seguido da Administración Xeral do Estado, un 36,8%, e finalmente os concellos, que achegan un total de 24%. Mentres que no que respecta ás obras da rede viaria as achegas repártense ao 50% por parte da administración estatal e provincial., segundo informa a propia institución provincial.

Por parte do Estado, a subvención prevista (a falta de confirmación oficial) para a anualidade 2010 será de 2.025.407 €. Sobre esta previsión, a distribución do investimento no Plan Provincial será de 1,2 millóns de euros para a Rede viaria provincial (dos que Estado e Deputación aportarán a partes iguales, 607.622 euros cada unha), mientras que a obras municipais se adicarán 3,8 millóns de euros. Aquí o Estado aportará 1,4 millóns, 1,5 a Deputación e os restantes 927.793 os concellos.

As bases contemplan que o orzamento mínimo de cada obra será de 30.000 €, e non se autorizarán solicitudes por un importe menor. Non obstante, no caso das obras municipais, no suposto de que os concellos desexen incrementar voluntariamente o importe das súas achegas, incrementando así o investimento, poderán facelo, alterándose o cadro de financiamento neses supostos.

Doutra banda, incluiranse igualmente no Plan Provincial todas aquelas obras para as que os concellos soliciten a súa inclusión (dotadas de financiamento municipal ou doutras administracións), para os efectos de obter a declaración de utilidade pública de cara a obter terreos mediante expropiación forzosa.
A distribución territorial por concellos do investimento en obras municipais efectuarase a cada concello de menos de 20.000 habitantes, sendo o investimento garantido para cada concello de 42.370 €. De todas formas, as bases contemplan que poderán incluírse investimentos superiores a esta cantidade, sempre e cando o concello achegue o financiamento complementario preciso. En todo caso, é requisito indispensable para a inclusión das obras no Plan provincial que os concellos acheguen como mínimo o 24% do investimento.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página