Reducción da espera na atención dos pacientes chamados “prioritarios”, e aumento das intervención en “xornada ordinaria”. Estas son as dúas principais claves que manexan os reponsables do Complexo Hospitalario de Ourense ao facer balance de xestión no ano que rematou. A xerente, Eloína Núñez Masid, destacou que se rebaixa de 25 a 11 días a espera media dos pacientes de “prioridade 1”; que se incrementaron un 10% as intervención en xornada ordinaria, realizándose en 2009 1.070 operacións máis que en 2008. No ano pasado contabilizáronse 10.760 intervencións e 401.720 consultas en xornada ordinaria, “controlando así o financiamento derivado de programas especiais”. A máxima responsable do CHOU asegura que o de Ouense é un dos hospitais con mellores resultados en canto a espera media, 46 días de media cirúrxica e 42 de consultas.
 
 
Eloína Núñez asegura que o de Ourense é un dos hospitais con mellores resultados en media de espera
 
27 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Segundo os datos rexistrados polo Servizo Galego de Saúde a  31 de decembro de 2009, e expostos este martes pola directora xerente do Complejo Hospitalario de Ourense, Eloína Núñez Masid, “o CHOU foi quen de manter e mellorar os índices asistenciais potenciando a realización de intervencións e consultas no horario ordinario, e mellorando a xestión de orzamentos e quirófanos para un maior rendemento asistencial”.
Todo elo cunha importante reducción da espera naquelas patoloxías nas que o tempo e fundamental: os pacientes “prioridade 1”. Estes son aqueles nos que está indicada unha intervención cirúrxica por cáncro, cardiopatías, enfermidades neurolóxicas, respiratorias ou dixestivas, entre outras, que comprometen a súa vida, ou calidade de vida futura e que, segundo os datos rexistrados a 31 de decembro, agardan menos que o pasado ano, pasando de 25 días de media en 2008 a 11 na actualidade.

Segundo destacou a xerente xeral do complexo, Eloína Núñez Masid, na presentación dos resultados, “o CHOU mellora así e da pleno cumprimento ao criterio de garantía legal, marcado en menos de 30 días de espera media para os pacientes desta prioridade”. O que supuxo unha reducción da espera destes pacientes dun 56% con respecto ao ano anterior.

Ao longo de 2009, o complexo realizou 10.760 intervencións en xornada ordinaria, un 10% máis que o pasado ano, ou o que é o mesmo 1.070 operacións mais sen ter que recorrer ao financiamento derivado dos programas especiais, ou operacións en xornada extraordinaria, que se reduxeron nun 27 por cento, con 322 intervención menos realizadas por este sistema.
En 2009 realizáronse unha media de 3,3 intervencións nos 14 quirófanos dos que dispón o CHOU. “Esta mellor coordinación cirúrxica conseguíu reducir, dunha banda as suspensións de intervencións e doutra os tempos de inactividade”, sinala a xerente do Complexo.
As suspensións de operacións conseguíu reducirse en case un 5%, pasando de 10,35% de suspensións en 2008 ao 5`52%. Todo elo permitiu aumentar o rendemento cirúrxico ata un 67.25%.
Na súa exposición de resultados, Eloína Núñez, destacou que, grazas ás devanditas iniciativas, a espera media xeral para intervencións cirúrxicas mantense entre as mellores da rede hospitalaria do Sergas, 46 días, a mesma que en 2008.

Pese a este incremento de pacientes, o complexo foi quen de realizar un total de 401.720 consultas en xornada ordinaria, controlando así o financiamento derivado dos programas especiais, e mantendo a súa espera media xeral para unha primeira consulta en 42 días, tan só un día mais que en 2008.
 
De cara a este ano, a xerente destacou o obxectivo de continuar potenciando a actividade en xornada ordinaria; as vías rápidas e consultas de alta resolución; a implantación de guías clínicas e procesos asistenciais integrais; consolidando os resultados das listas de prioridade 1 e incrementando o rendemento cirúrxico e a actividade en xornada ordinaria.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página