Nove convenios asinados este martes polo alcalde de Ourense con outras tantas empresas desta provincia, incorporan a ditas empresas ao programa municipal Auria Inserta. O seu cometido é o de favorecer a realización de prácticas dos alumnos deste proxecto. E decir, o alumnado de Auria Inserta fará nestas empresas aplicación práctica dos coñecementos teóricos xa adquiridos durante a súa formación académica, preparándoos para a actividade profesional. Ata o de agora, Auria Inserta leva formado a 150 alumnos, maioritariamente mulleres dun tramo de idade entre os 35 e 45 anos.
 
 
Nove empresas prestánse como escenario de coñecementos teóricos do Proxecto Auria Inserta
 
27 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, asinou este martes nove convenios de colaboración entre o Concello de Ourense e outras tantas empresas desta provincia, co obxectivo de permitir ó alumnado do Proxecto “Auria Inserta” a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos na súa formación académica, preparándoo para o exercicio da actividade profesional e facilitando a súa incorporación ó mercado de traballo.
No marco deste Programa, vén de finalizar a parte teórica do curso de “Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas”, no cal, dende o pasado Setembro e ó longo de 390 horas lectivas, os 18 alumnos recibiron unha extensa formación teórica sobre o tema, que completarán con 210 horas de prácticas a desenvolver nas empresas asinantes dos convenios citados, e que deste xeito aportan a súa colaboración á posta en valor dos obxectivos do programa, según informa o Concello de Ourense.

Na actualidade estase desenvolvendo a parte teórica dos cursos “Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas”, “Atención sociosanitaria a persoas en domicilio” e “Atención sociosanitaria a persoas en institucións”, estando previsto o inicio de novas accións formativas no segundo trimestre de 2010.
Auria Inserta é un proxecto de inserción sociolaboral dependente da Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo prioritario é articular un sistema de integración socio-laboral que permita favorecer o acceso a un postro de traballo das persoas pertencentes ós colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción ou reinserción laboral, a través dun proceso de formación especializada.
Ata o día de hoxe proporcionou formación especializada a 150 alumnos, maioritariamente mulleres dun tramo de idade entre os 35 e 45 anos, cun promedio de 10 meses desempregados, dos cales máis dun 45% xa logrou acceder ó mercado laboral.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página