O gañador do premio “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de narración xa ten ilustradora. É Nuria Díaz Bervide. Así o acordou o xurado do premio reunido este luns. O propio autor do texto gañador e agora a ilustrar, Xoán Babarro González, estivo no xurado dos premios. Este premio está dotado con 3.000 euros para cada unha das dúas categorías, 6.000 en total, que recibirán Xoán Babarro e Nuria Díaz.
 
Noticias Relacionadas
  “Un conto informático no mundo das letras” gaña o “Pura e Dora Vázquez” de narración
 
 
 
Nuria Díaz Bervide é a gañadora do premio “Pura e Dora Vázquez” de ilustración
26 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Nuria Díaz Bervide resultou gañadora da sétima edición do premio “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración, por acordo unánime do xurado do premio reunido este luns no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Este premio, que convoca anualmente a Deputación de Ourense nas súas modalidades de narración e ilustración, chega á súa sétima edición e está dotado con 3.000 euros para cada unha das categorías.
O xurado avaliou de maneira especial a calidade artística do traballo presentado por Nuria Díaz, claramente identificado cos criterios estéticos e técnicos das publicacións bibliográficas. Trátase dun traballo altamente elaborado, cunha liña plástica e argumental claramente definida e constante, que gozóu da maior aceptación por parte do xurado.

O xurado desta edición estivo integrado  por  Xoán Babarro González, autor do texto gañador e  sobre o que deben xirar as ilustracións; Ana Malingre, responsable de Publicacións da Deputación; Alejadro González Caporale, deseñador gráfico e artista, e Modesta Solano, profesora de pintura da Escola de Artes e Oficios da Deputación. Presidíu o xurado e deputado de Cultura, José Luis Valladares, e como secretario oficióu o director do Centro Cultural, Francisco González.

O texto gañador fora o escrito por Xoán Babarro, titulado “Palabra era un universo paralelo”.
Agora a Deputación procederá a edición íntegra desta edición dos premios, como establecen as bases.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página