O recorte orzamentario, un 50%, a metade, que o Goberno central aplica ao Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigantes, suporá un esforzo adicional da Xunta de Galicia, pero está garantido, sinala a secretaría Xeral de Emigración. Nin as razóns de Consuelo Rumí, secretaria de Estado, lle sirven á Xunta, nin a austeridade que aplica o Executivo de Núñez Feijóo van repercutir las oficnas de Atención ao Inmigrante, senón ao contrario neste caso. Haberá “esforzo orzamentario” adicional para manter as oficinas que hai nas sete principais cidades de Galicia.
 
 
A Xunta anuncia un “esforzo orzamentario” para manter a atención aos inmigrantes
23 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, “vese na obriga, unha vez máis, de recordar ao PSdG que as oficinas de atención ao colectivo inmigrante  nas sete grandes cidades galegas están financiadas polo Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais”, ao que engade, “que se verá recortado nun 50% neste 2010, afectando directamente ás partidas de gasto social que concernen á poboación extracomunitaria”.
Feita a matización, a Xunta garantiza que as oficinas se van manter.

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración xustifica a reducción en base a “un axuste presupuestario” nas partidas “onde os datos din hai un descenso na chegada de inmigrantes e unha previsión menor do gasto", segundo recorda a Secretaría de Emigración da Xunta que apuntou o pasado outubro a secretaria de Estado, Consuelo Rumí.
Pola contra, desde esta Secretaría Xeral da Emigración, “consecuentes coas necesidades urxentes de inserción sociolaboral do inmigrante, da súa mellor información e orientación, e fronte ao que non parece prioridade para o estado central, a Xunta de Galicia garantiza o seu compromiso co mantemento das oficinas de atención ao colectivo”, sinala o departamento de Santiago Camba.

Garántese “o esforzo orzamentario” ligado ao Plan de Acción destinado á poboación inmigrante, “en consonancia coa política que defende o Executivo de Núñez Feijóo”. Sinala a Secretaría de Emigración que a efectiva contención do gasto público non incidirá na calidade da prestación dos servizos sociais, sanitarios e educativos que, “pola contra, o Goberno central manifestamente quebranta, ao considerar que esta medida non afecta ao gasto social directo", segundo as declaracións de Consuelo Rumí.

 
Santiago Camba Bouzas
 
 
Volver atras
Imprimir Página