Ao mellor algúns aínda o poiden recordar, pero os máis o temos que imaxinar. ¿Cómo era, como foi a lagoa de Angela ata ser asolagada en 1958?. Na Casa da Lagoa do Concello de Sandiás, concebida como Centro de Interpretación, sinalan que a ocasión a pintan do máis axeitado estos días para poder imaxinalo. Por mor das intensas chuvias e nevadas, grandes zonas de parcelas adicadas á producción de patacas e cereais volven a estar asolagadas, máis ou menos como antes de que a lagoa deixara de ser o que ata entón foi.
 
 
Noticias Relacionadas
 

CENTRO DE INTERPETRACIÓN DA LAGOA DE ANTELA

 
 
A Lagoa de Antela moi preto estes días do que foi antes da desecación do 58
 
23 de ENERO de 2010: XAVIER FEIXOO

Os visitantes e veciños da Limia poden cada ano de intensas chuvias e nevadas, como ó deste inverno, imaxinarse como era a antiga Lagoa de Antela ao asolagarse grandes zonas de parcelas dedicadas á producción de patacas e cereais, parcelas que son producto do desecamento da mesma.
Así mesmo sofren as consecuencias do asolagamento ademais nas parcelas (a situación da vindeira colleita de trigo é preocupante se seguen as chuvias), nas granxas, camiños, pistas, etc., cos problemas que isto conleva, xa que,  por exemplo, unha das pistas que une  Xinzo de Limia con Vilar de Barrio atópase cortada.
 
A Lagoa de Antela foi unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica ata o inicio das obras de desecamento para o aproveitamento agrícola no inverno de 1958. Tiña 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano variaban estas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns “pozos” a acadar os 3 metros.
 
As chuvias destas datas, aínda remitiron un pouco nestes últimos días, ofrecen unha exceelente ocasión para coñecer como era a antiga Lagoa. Si o interés por tal existe, é necesario falar da Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), situada na vila de Sandiás, centro que tenta transmiti-la relevancia da lagoa de Antela, así como a historia e formas de vida dos habitantes das súas ribeiras, e cuxo obxectivo é “transmitir dunha forma amena e comprensible os valores culturais e naturais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación”.
As visitas son concertadas, e calquera pode visitar o centro chamando ao Concello de Sandiás (teléfono 988465001) ou no web oficial do Concello).

Volver atras
Imprimir Página