“Creo que a confianza nos galegos é o que mellor distingue a don Euloxio Gómez Franqueira como home, empresario e político”, sinalou o presidente da Xunta de Galicia este xoves en Ribadavia, no acto co que se homenaxou ao empresario ourensán fundador de Coalición Galega, forza da que proveñen numerosos populares ourensáns a través de Centristas de Galicia. Seguindo o exemplo de Gómez Franqueira, Núñez Feijóo dixo querer “unha Galicia cooperativa” e afirmou que “o galeguismo popular de Franqueira segue vivo”. O modelo empresarial de Franqueira “pervive e pervivirá”, asegurou o presidente da Xunta, porque “está baseado nesa confianza nos galegos”.
 
 
Feijóo toma o modelo de  Franqueira e dí en Ribadavia que quere “unha Galicia cooperativa”
22 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou este xoves en Ribadavia ao galeguismo popular e ao espírito de cooperativismo que sempre caracterizou a Eulogio Gómez Franqueira para lograr unha Galicia “máis forte” e tamén “máis cooperativa”.
“Quero unha Galicia cooperativa”, sinalou o mandatario autonómico remarcando que “o galeguismo popular de Franqueira segue vivo” e que agora “nos corresponde facer máis forte esta súa Galicia cooperativa”.

No acto de homenaxe a este empresario e político ourensán celebrado este xoves no Ribeiro, Feijóo dirixiuse aos galegos que aínda teñen “recelos” cando se fala de fusión ou de grandes proxectos e pediulles que miren cara Ribadavia e á súa Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro xa que, 42 anos despois de que os cooperativistas empezaran a unirse, “ninguén pode dicir que se equivocaron” porque “sabían que a unidade era imprescindible, igual que o sabemos nós neste século XXI”, engadiu.

 

Na súa intervención, o presidente galego lembrou que Gómez Franqueira foi quen de crear un modelo empresarial galego “que pervive e pervivirá”. Un modelo, incidiu, baseado na confianza nos galegos e en saber combinar “a tradición solidaria dos nosos devanceiros e as técnicas máis modernas de dirección”, nun tempo onde o Estado ou a empresa tradicional se consideraban os únicos camiños posibles para o desenvolvemento.

“Creo que a confianza nos galegos é o que mellor distingue a don Euloxio Gómez Franqueira como home, empresario e político”, asegurou Núñez Feijóo sinalando que esta confianza “viña do seu contacto directo coa xente”. “Proxectos coma esta cooperativa trunfaban porque a xente descubría neles a súa achega”, engadiu Feijóo lembrando que existía “unha cooperativa de ideas que don Euloxio xestionaba, complementaba e animaba”.

 
Volver atras
Imprimir Página