A Concellería de Educación, dentro das actividades que desenvolve na Escola de Artes Escénicas, organiza dende a vindeira semana o primeiro curso “Danzas populares do Mundo, nivel I”. Impartido polo Titulado Superior en Música, Javier Jurado, terá unha duración de 30 horas, distribuidas ó longo do mes de xaneiro. O departamento de Ana Garrido recorda que este luns pola mañá, día 11 de xaneiro, remata o prazo de inscripción para tomar parte neste curso.
 
 
Comeza na semana do luns, 11 de xaneiro, o curso “Danzas populares do mundo”  
9 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Este lunes remata o prazo para inscribirse no curso “Danzas populares do Mundo, nivel I” que organiza o Concello de Ourense a través da Concellería de Educación.
O curso está aberto a calquer persoa interesada, especialmente a estudiantes e opositores de Maxisterio, maestros de Educación Infantil, Educación Física e Educación Musical. O escenario do mesmo será a Escola de Artes Escénicas de Ourense, os días 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de xaneiro, de 17:40 a 21:00 horas.

Os obxectivos principais da actividade consisten no coñecemento de danzas populares do mundo como parte do patrimonio cultural e mostra da igualdade na diversidade, coñecer as manifestacións artísticas e culturais, especialmente no ámbito musical, traballar na educación en valores, e entender que as fronteiras son máis mentais que físicas, potenciando un sentir solidario ante o fenómeno da inmigración, e unha xuventude tolerante e sen prexuicios.
Algúns dos contidos do mesmo tratarán sobre o corpo e o movemento como medios de expresión musical e artística, realización de danzas por imitación, ou baile popular, entre outros.

A metodoloxía da actividade será activa e participativa, na que cada danza se aprenderá por imitación, sinala o departamento de Ana Garrido, que recorda, asemande, que nos vindeiros meses, tamén na Escola de Artes Escénicas, serán impartidos outros cursos relacionados, como “Introducción á dirección e canto coral” e “A historia da música a través do cine”.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA