Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rguez., alcalde

 
  O primeiro pleno de 2010 do Concello de Ourense, a celebrar o vindeiro venres, día 8 de xaneiro, dará o visto e prace a mellora das condicións de accesibilidade en edificios xa existentes de carácter residencial. A iniciativa xa conta co acordo correpondente da Comisión de Pleno, polo que sairá adiante con, polo menos, os votos do Goberno de socialistas e nacionalistas. Tamén se aprobará unha modificación no Plan Xeral de Ordenación Municipal que incorporá, precisamente, as disposición establecidas na nova ordenanza de accesibilidade, entre outras facilidades que se administran en adiante.
 
 
O primeiro pleno de 2010 do Concello de Ourense permitirá os ascensores polo exterior dos inmobles
4 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O asunto da accesibiliade aos edificios residencias desta cidade, será un dos primeiros asuntos que aborde o Concello de Ourense no pleno que o vindeiro venres, día 8, estrenará o ano planario da Corporación Municipal.
O obxectivo da ordenanza de accesibilidade é levar a cabo unha regulación completa da materia relacionada coas condicións urbanísticas e constructivas das intervencións de reforma, cunha mellora das condicións de accesibilidade ós edificios de carácter residencial colectivo, ou outros usos que impliquen a necesidade de acceso público.
Esta medida está directamente relacionada coa intención por parte do goberno municipal de eliminar as barreiras arquitectónicas da cidade, sinala o Concello que dirixe como alcalde o socialista Francisco Rodríguez.

 

A ordenanza segue o modelo doutras existentes en cidades como Santiago, Vitoria ou Madrid. Coa súa aprobación melloraranse as condicións de accesibilidade en edificacións xa existentes, e permitirase a instalacións de ascensores, na medida do posible. As rampas e os ascensores poderanse instalar no interior ou no exterior dos edificios, en función das características de cada un.
Deste xeito, a efectos desta Ordenanza considérase que a instalación dunha rampa, plataforma elevadora ou ascensor nunha edificación existente é unha obra de acondicionamento. Polo que, ó non supor un aumento de edificabilidade ou aproveitamento urbanístico, poderán instalarse en edificios que esgotaran a edificabilidade máxima asignada polo planeamento.

Modificación da normativa do PXOM

Tamén se practicará unha modificación da normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que, segundo o acordo adoptado pola correspondente Comisión do Pleno, ten como obxectivos incorporar ao PXOM as disposicións establecidas na nova ordenanza de accesibilidade; facilitará o uso comercial da planta baixa de edificios antigos; facilitar o desenvolvemento dos proxectos de novos equipamentos na cidade; e, por último, facilitar o desenvolvemento dos solos empresariais que o Concello está a promover para favorecer o asentamento de empresas na cidade.

Respecto as facilidades que se darán para os proxectos de novos equipamentos na cidade,  sinálase que a modificación da normativa dará máis capacidade para desenvolver proxectos arquitectónicos singulares nos equipamentos que o Concello prevé desenvolver na capital ourensá.

 
Volver atras
Imprimir Página