Una exposición composta polos materiais que Rebulir logrou xuntar no I e II Concurso de Fotografía Antiga, conforma “Unha Ollada ao Pasado”, unha mosta que se abre este domingo no Centro Sociocultural de O Picouto e que inaugura a alcaldesa de Ramirás. Son documentos fotográficas que trasladan a quenes os ollan a vida nas terras de Ramirás e Celanova décadas atrás. De feito, os organizadores desta exposición anuncia que a sala onde se instalará a mostra será ambientada con diferentes intrumentos, obxectos e traxes que se utilizaban para o traballo no campo.
 
Noticias Relacionadas
  “Rebulir” de Ramirás arranca su programa de Nadal el sábado que viene hasta el 6 de enero
 
 
Una exposición de fotografía antiga devolve a Ramirás á vida de fai décadas atrás
26 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Ás sete da tarde deste domingo, día 27, a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López, xunto a outros membros da Corporación deste Concello e o director da Escola Rebulir, inaugurarán a mostra “Unha Ollada ao Pasado” que está organizada por esta escola, e que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de O Picouto, Concello de Ramirás, ata o día 9 do mes de xaneiro.

Rebulir sinala que, despois do éxito acadado esta pasada fin de semana polo IV Festival de Baile e Música Tradicional, sigue a programación do Nadal prevista para estas datas. De xeito que agora lle toca o turno a exposición “Unha Ollada ao Pasado”. Un cento de fotografías antigas que foron recollidas no I e no II Concurso de Fotografía Antiga, organizados tamén por esta escola, aportan o material preciso para esta exposición.
 
Nas fotografías referentes principalmente a Comarca de Terras de Celanova, reflíctense momentos da vida cotía como a malla, a vendima, labores da casa e outras, e festas e bautizos, bodas, entroidos, romarías...
A sala será ambientada con diferentes intrumentos, obxectos e traxes que se utilizaban para o traballo no campo, constituindo así un conxunto que nos fai  recordar como era a vida nestas terras fai décadas atrás.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página