O ourensán Manuel Mandianes Castro coa súa obra “Raposiño e o Cego”, resoltou finalista do Premio Internacional Constantino Nigra de Turín, Italia. O xurado deste premio destacou os valores antropolóxicos e literarios do traballo de Manuel Mandianes, no que o autor da conta dunha historia que narra un neno. É a historia da vida na aldea do seu avó ao longo dun ano, vista, a maior parte das veces, desde a perspectiva dun testigo excepcional: un cego.
 
 
Manuel Mandianes con “Raposiño e o Cego” finalista do Premio “Constantino Nigra” de Turín
24 de DECEMBRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A obra “Raposiño e o Cego”, do escritor de Loureses, Os Blancos, Manuel Mandianes, resultou Finalista do Premio Internacional Constantino Nigra celebrado en Turín, Italia. O xurado deste premio, constituído por catedráticos de universidades italianas, destacou os valores antropolóxicos e literarios de “Raposiño e o Cego”, obra recente do autor, publicada en lingua galega por Limaia e distribuida por Consorcio Editorial Galego.

O libro, narrado por un neno de alcume Raposiño, conta a historia da vida na aldea do seu avó ao longo dun ano, vista, a maior parte das veces,  desde a perspectiva dun testigo excepcional: un cego. Cumprimentan a historia unhas entrañabeis ilustracións en cera da artista de Albarellos (Ourense), Aurora López.

Manuel Mandianes Castro naceu en Loureses e estudiou en Ourense, Burgos, Paris e Estrasburgo. É doctor en Antropoloxía, Teoloxía e Ciencias Políticas. Ten publicados unha dúcia de libros e centos de artigos en revistas e xornais. Impartiu conferencias por países de Europa, Asia e América, e participa con frecuencia en programas de radio e televisión.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página