O Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos “Atlántida” inicia a súa andaina co obxectivo de ser un punto de encontro no que teñen cabida todas as ideas, propostas e sensibilidades da sociedade para contribuír á defensa dos intereses sociais de Ourense e impulsar o pensamento galeguista. Anunciase debate “aberto e reflexivo”, co que conquerir “propostas que permitan fornecer a nosa identidade ourensá e contribúan a dinamizar económica, social e politicamente á nosa cidadanía”, señalan sus impulsores.
 
 
Nace en Ourense o Instituto de Estudos Sociais e Políticos “Atlántida”
23 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Impulsada, entre outros, por Manuel Baltar Blanco, nace en Ourense “Atlántida”, o Instituto Ourensán de Estudios Sociais e Políticos. Preséntase este mércores, ás oito da tarde no Centro Cultural da Deputación. Ten como obxectivo principal a posta en valor do ourensanismo e do galeguismo, pero facendo dende a propia sociedade.
“Poñer en valor o ourensanismo e galeguismo dende a sociedade”. Esta é a máxima coa que bota a andar “Atlántida”, o Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos que se presenta este mércores, nun acto no que participarán persoeiros e representantes das institucións culturais, sociais, académicas e políticas de Ourense.
Segundo os seus impulsores, “Atlántida” inicia a súa andaina co obxectivo de ser un punto de encontro no que teñen cabida todas as ideas, propostas e sensibilidades da sociedade para contribuír á defensa dos intereses sociais de Ourense e impulsar o pensamento galeguista.

Os seus creadores sinalan que xurde “da man dun grupo de persoas que cre na importancia de que a voz da sociedade sexa escoitada, para que, partindo dun debate aberto e reflexivo, se acaden propostas que permitan fornecer a nosa identidade ourensá e contribúan a dinamizar económica, social e politicamente á nosa cidadanía”.   
A xunta directiva de “Atlántida” está presidida por José Manuel Baltar Blanco, e celebrou a súa primeira xuntanza precisamente para perfilar o programa do que será o acto de presentación en sociedade dese mércores.
O acto terá lugar ás oito da tarde e será no Centro Cultural da Deputación.

Entre os obxectivos do Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos “Atlántida” figuran o estudo e posta en valor da obra e posicionamento dos creadores do pensamento político galeguista, e a análise e avaliación da traxectoria socio-económica de Ourense e de Galicia e as perspectivas do seu  maior desenvolvemento. Asemade, contempla a defensa da identidade ourensán e a súa valorización política e social, sendo prioritaria a defensa dos intereses de Ourense e dos ourensáns.
Entre as actividades previstas está a realización de mesas de debate e coloquios coa cidadanía, conferencias, seminarios e xornadas temáticas, ademais da edición de revistas e publicacións, exposicións e a actos de irmandade desenvolvidos con administracións públicas e outros colectivos ou persoas físicas ou xurídicas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página