O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia xa se atopa en Cuba, donde pen previsto percorrer casi medio cento de asociacións galegas que se atopan nesta illa caribeña. Supervisou o programa de axudas das javas do seu departamento, polo que uns 700 emigrados dos algo más de 14.000 que se contabilizan nesta illa veranse beneficiados con bolsas de produtos de primeira necesidade. Na conmemoración do 102 aniversario do hino galego no Centro Galego de La Habana, Santiago Camba subliñou que “máis alá de tendencias, opinións e xeracións, nosa voz se pregoa con este canto patrio que é obra da emigración”.
 
 
O secretario xeral de Emigración supervisa en Cuba o programa de bolsas de axuda da Xunta
22 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, visita estes días á colectividade en La Habana na República de Cuba, onde residen actualmente 14.157 galegos, segundo datos do CERA a 1 de outubro deste ano.
Ao longo da súa estadía, o secretario xeral terá ocasión de encontrarse coas xuntas directivas e percorrer as intalacións de 49 sociedades galegas, así como de  xuntarse cos coordinadores provinciais que colaboran na illa caribeña con moitos dos programas de atención social levados a cabo pola Xunta de Galicia. Tal é o caso das axudas económicas individuais, polas que 5.643 emigrados galegos recibiron prestacións económicas directas, un 52,8% máis que no 2008, segundo datos da secretaria xeral de Emigración.

Acerca das entidades visitadas Camba destacou a “súa singular traxectoria histórica e o  interese desas comunidades de manter vínculos actuais de unión e solidariedade entre os galegos e os seus descendentes e á súa contribución ó mantemento da presenza de Galicia no país”.
Así mesmo, durante a súa primeira xornada na illa o responsable de Emigración e mailo xerente da Fundación Galicia Emigración, Xosé Manuel Castelao Bragaña, supervisaron na sociedade artística cultural Rosalía de Castro o programa de axuda das javas da Secretaría Xeral da Emigración, grazas ás que neste 2009 uns 700 emigrados galegos en Cuba- na maioría dos casos de avanzada idade- veranse beneficiados de javas ou bolsas de produtos de primeira necesidade.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página