Punto e final para unha obra laboriosa e complexa dun proxecto ambicioso e caro (600.000 euros), pero que permite poñer ó servicio dos veciños das urbanizacións da zona este da cidade 3.200 metros cadrados cun moderno concepto paisaxístico. Trátase do novo Parque da Canle, na rúa do mesmo nome, que se convirte, segundo o alcalde da cidade, nun “exemplo pioneiro a nivel de toda España de creación dunha praza pública axardinada sobre uns depósitos de augas municipais”. Coa colaboración de Europa a través dos Fondos FEDER, o Concello de Ourense consigue convertir 3.200 metros cadrados de sólo ata o de agora dotacional, en un parque con vocación de “espacio de relación  interxeneracional”, sinalou Francisco Rodríguez.
 
 
O Concello de Ourense recupera para uso cidadán a cuberta dos depósitos de San Francisco
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
22 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, inaugurou este luns o novo Parque da Canle, construido polo Concello co apoio de Fondos FEDER da Unión Europea nas proximidades da Escola Municipal de Artes Escénicas e cemiterio de San Francisco. “O parque da Canle é un exemplo pioneiro a nivel de toda España de creación dunha praza pública axardinada sobre uns depósitos de augas municipais, que permite poñer ó servicio dos veciños un espacio de 3.200 metros cadrados, orixinalmente destinados a solo dotacional”, sinalou o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, ao inaugurar este lunes o Parque da Canle, na rúa do mesmo nome da capital ourensá. Esta obra permite que eses 3.200 metros cadrados de solo dotacional se convertan nun parque público, “espacio de relación  interxeneracional”, segundo o titular do Concello de Ourense.
As obras foron executadas por Empresa de Transformación Agraria Sociedade Anónima TRAGSA e supuxeron un investimento de 590.502 euros.

A intervención desenvolveuse na superficie dos depósitos de augas que a cidade de Ourense incorporou no ano 2006, infraestructura de abastecemento subvencionada por fondos europeos. Este entorno é o que se acondiciona como zona verde, de acordo co proxecto elaborado polo Sevicio de Medio Ambiente do Concello de Ourense coa colaboración de Consultores de Medioambiente e o Estudio de Paisaxismo Sangalli e Asociados.
Recorda o Concello de Ourense que os primeiros traballos de obra consistiron na reimpermeabilización das tres cubertas que compoñen os depósitos, que se atopaban á intemperie. Nun segundo paso  creouse o solo de recepción futura de pavimentos pétreos e de lousa de formigón, e realizáronse as canalizacións de augas.
A continuación procedeuse ó levantamento dunha cancha deportiva deteriorada e sen apenas uso colindante, e dentro do espacio da Asociación Foula. Este material utilizaríase despois para recheos da  rampa para facilitar a accesibilidade ó  Parque, no que antes era un espacio marxinal que  se atopaba entre o depósito maior e o circuito de minitrens Carrileiros de Foula e que remataba no muro do Cemiterio, obtendo así unha parte da accesibilidade  na parte baixa que se complementa cunha grada pétrea que mira ó circuito de minitrens e que culmina coa primeira entrada ó parque en escaleira.
A impoñente presencia do depósito maior con  parede contínua de máis  de catro metros de altura  veuse así minimizada xa que a rampa de acceso  desembarca  na antiga tapa, agora plataforma maior con apenas  80 cms de altura  de parede.

O proceso constructivo, complexo e laborioso, culminouse cunha rampa lonxitudinal que en sentido ascendente  vai dende o que era o depósito grande ó mediano e logo ó menor  polo seu lado dereito paralelamente ó muro do cemiterio deixando entre éste e o paseo en rampa un parterre continuado de arbustivas que se inicia cunha árbore típica na xardiñería de Galicia, a Magnolia gallisonesis grandiflora piramidal e coa presencia de arborado da especie Pyrus calleyrnianna, que culmina coa presencia dunha especie totalmente galega, a Camelia japonicus. Na parte inferior e xa na rampa descendente plantáronse en aliñación Betula utilis. Os  paramentos exteriores á Rúa da Canle en formigón se revestiron con granito moreno e se lle aplicou tratamento de atenuación de grafittis  como prevención.

Volver atras
Imprimir Página