A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anuncia que no curso 2010-2011 quedan resoltas as duplicidades de Empresariais que se implantarán no vindeiro curso nos campus de Vigo, Ourense e Lugo. No curso que ven comezarase a impartir os graos de Comercio, Consultaría e Xestión da información e de Comercialización e Loxística, para completar a primeira fase de transformación e adaptación das titulacións actuais do Espazo Europeo de Educación Superior, subliña o departamento de Jesús Vázquez.
 
 
Educación resolverá o curso que ven as duplicidades de Empresariais en Vigo, Ourense e Lugo
21 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación resolveu, xunto ás tres universidades galegas, que o vindeiro ano se impartirá en Lugo o grao de Comercialización e Loxística, en Ourense Consultaría e Xestión da Información, e, en Lugo, Comercio. “Deste modo queda eliminado o solapamento de perfís da diplomatura de Empresariais detectado nestes centros”, sinala o departamento de Jesús Vázquez ao considerar que quedan resoltas as duplicidades de empresariais que se implantarán no vindeiro curso nos tres campus, Vigo, Ourense e Lugo.
Polo tanto, no curso 2010-2011 comezarase a impartir os graos de Comercio, Consultaría e Xestión da información e de Comercialización e Loxística, para completar a primeira fase de transformación e adaptación das titulacións actuais do Espazo Europeo de Educación Superior, subliña a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Con esta proposta, as titulacións que foron transformadas deseñaron unha oferta acorde coas necesidades actuais do sistema galego de universidades (SUG), ao tempo que quedou ampliada a oferta de titulacións especializadas en ensinanzas empresariais en Galicia. Do cumprimento co esixido no CGU de outubro darase conta no primeiro que se celebre no 2010.
Entende o departamento de Jesús Vázquez, que con este cambio “mellórase a competitividade do sistema xa que, na actualidade, estanse implantando este tipo de estudos fóra da comunidade”, así como que o alumnado que desexe ter unha formación especializada en empresa, non precisará saír de Galicia.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página