Este domingo chega a Ourense unha obra de teatro de sensibilización social que pretende achegar á cidadanía dos desequilibrios globais, as súas causas e consecuencias a través do teatro. Trátase do espectáculo teatral “Os soños de Walla”, a partir das 20:30 h. no Auditorio Municipal, e de entrada gratuita. Está organizada pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense. Ao mesmo tempo, Cultura anuncia que se suspende o concerto de Taxi previsto para este sábado, por indisposición do seu cantante.
 
 
A loita pola superación e a aprendizaxe chega a Ourense con “Os soños de Walla”
19 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Chega a Ourense este sábado unha obra de teatro de fondo calado social, “Os soños de Walla”, coa se pretende achegar á cidadanía dos desequilibrios globais, as súas causas e consecuencias. Será no Auditorio Municipal da Rúa da Canle, a partir das oito e media da tarde, e a representación está organizada pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense.
De feito, a obra é resultante dun programa de colaboración entre a Concellería de Benestar Social, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e pretenden promover a ultilización do teatro como ferramenta de sensibilización cidadá. Está dirixida por Mariana Fernández e Luis Hidalgo.

“Os soños de Walla” aborda a historia dunha adolescente con muletas empeñada en ir á escola. Pero ten un impedimento: a escola máis próxima está a varios km. da aldea e Walla ten que usar as muletas para andar.
A  súa loita pola aprendizaxe estenderase ó resto da comunidade, que está a piques de sufrir importantes cambios polo seu contacto coa modernidade. Walla terá que vencer os seus prexuízos e as discriminacións que aínda perviven na súa aldea. Non só para dar vida ó seu soño, senón tamén para xerar ilusión ó seu redor.

Suspendido o concerto de Taxi previsto para este sábado

A Concellería de Cultura informa este venres da suspensión do concerto de Taxi que estaba previsto para este sábado na capital ourensá.
O departamento de Isabel Pérez fala ao respecto de “causa de forza maior”. A causa é unha farinxite e unha larinxite, segundo a Concellería de Cultura, do cantante do grupo.
Non se comunica nova data deste concerto nin si a haberá.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página