Como remate deste Ano Internacional da Astronomía 2009,
o Concello de Ourense organiza a actividade “Nadal de Estrelas, 2009”. A actividade foi presentada este mércores pola concelleira de Xuventude, Marta Arribas. Arranca este mesmo xoves, día 17, e consistirá na obvservación do ceo dende a rúa, para o que se instalarán en varios puntos da cidade telescopios.
 
 
O Concello de Ourense invita a cidadanía a observar as estrelas este Nadal  
17 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Segundo explicou a concelleira  trátase dunha acción “dirixida non só aos máis novos, senón aberta a toda a cidadanía, a que convidamos a descubrir e sentir como se ve o ceo por un telescopio desde a nosa cidade,  ao mesmo tempo que pretendemos sensibillizar sobre os efectos da contaminación lumínca nos espazos urbanos”.
Para Arribas trátase de “ofrecer alternativas de lecer educativo complementarias nestas datas de Nadal”.

Os lugares de observación escollidos non son, neste caso, os habituais para estas actividades. Trátase de lugares de paso urbáns descentralizados en distintas zonas de Ourense nas que sexa posíbel congregar a decenas de persoas. Así, os puntos de instalación dos telecospios serán a Praza Maior, a Ponte Romana, a rúa de Ervedelo con Dalí no Couto, o Xardín do Posío y o Parque de San Lázaro.

Durante as sesións, que se desenvolverán entre as 18.30 e as 20.30 horas, instalaránse varios telescopios de diferentes categorías, e contaráse coa presenza de persoal especializado en observación astronómica e  divulgación científica.
Segundo explicou o seu organizador, Dosi Veiga, nestas datas poderáse “ollar a evolución da luna en fase crecente no seu maior esplendor, algo moi impactante de ver”. Así mesmo, poderáse observar Xúpiter e os seus catro satélites principais, Ío, Gaímedes, Calixto e Europa,  así como o Cúmulo aberto das Pléiades, o doble cúmulo de Perseo e a estrela doble – ganma Arie e a dobre de Albireo, na constelación do Cisne.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA