Ábrese este luns o prazo para inscribirse nas actividades que organiza o Concello de Ourense para nenos e nenas de 5 a 12 anos nestas festas de Nadal. Son actividades que se desenvolverán en 6 días destas datas no Centro Cívico da rúa Colón, sempre en horario de mañá, e coas que a Concellería de Benestar oferta entreteñemento e aprendizaxe en tempo de lecer. O venres que ven péchanse as inscricións.
 
 
O Centro Cívico de Colón acolle 6 días de actividades de Nadal para nenos de 5 a 12 anos  
14 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Benestar Social organiza un ciclo de obradoiros para nenos, que se desenvolverán durante este Nadal no Centro Cívico do Centro Histórico, sito na rúa Colón, número 18. “Trátase dun programa de actividades que pretende que os escolares dispoñan dunha oferta para o tempo de lecer durante as vacacións de Nadal, e se entreteñan, disfruten e aprendan no ambiente festivo especial destas datas”, sinala o departamento de Marga Martín.

As actividades desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e os días 4 e 5 de xaneiro, en horario de mañá, con dous grupos de participantes, un para nenos e nenas de 5 a 8 anos que vai das dez e media ás doce, e outro para os de 9 a 12 anos que vai de doce a unha e media da tarde.
Creación de adornos de Nadal, panxoliñas, contacontos, obradoiros de escritura creativa, de maquillaxe de festa, así como manualidades con reciclaxe, globoflexia e xogos son algunhas das actividades previstas.
As inscricións xa se poden realizar na Concellería de Benestar dende este luns ata o vindeiro venres, 18 de decembro.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Marga Martín, concelleira de Benestar Social