A Deputación de Ourense nomeou este venres a Xaime Quessada Porto fillo predilecto desta provincia, a título póstumo, nun acto solemne que tivo lugar no Salón de Plenos da Institución provincial coa participación da Corporación, familiares, amigos e destacados persoeiros da vida social, cultural, institucional e académica de Ourense. A distinción que lle outorgou a Deputación a un dos maiores referentes artísticos de Galicia foi recollida pola súa viúva, María Jesús Blanco Piñeiro.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello de Ourense rende homenaxe este venres ao artista Xaime Quessada Porto
 
 
 
A Deputación de Ourense nomeou a Xaime Quessada fillo predelicto da provincia
12 de DECEMBRO de 2009: OURENSE DIXITAL

O pasado 28 de outubro Xaime Quessada era honrado e recordado polo Concello de Ourense como fillo predilecto da cidade. Este venres, 11 de decembro, a Deputación, tamén a título póstumo, nomeou a Quessada Porto fillo predilecto da provincia. A súa dona, María Jesús Blanco, recolleu ao pergamino de honra.
O presidente da Deputación dixo no acto que Xaime Quessada foi un home “fondamente comprometido coa arte  ecos valores fundamentais do individuo. Foi un artista xeneroso coas causas que defendeu, xeneroso coas organización se persoas que pediron os eu apoio, e xeneroso coas institución se coa sociedade na que vivíu”.
Baltar destacou que a Deputación de Ourense “leva anos mantendo unha estreita colaboración con Quessada, albergando a súa obran o Pazo de Vilamarín, e nós seguiremos colaborando institucionalmente co obxectivo de honrar a memoria don oso gran artista creador”.
Neste senso, José Luis Baltar anunciou que xa se están realizando as xestións en colaboración co alcalde de Ourense para facer realidade a sede da Fundación Xaime Quessada Blanco, a cal albergará a obra de Quessada pai e fillo.

Precisamente, o presidente da Fundación, Miguel Santalices, referiuse nos eu laudatio á necesidade de contar cun espazo “para que todos os amantes do arte e da cultura poidan agasallarse coa maestría deste gran artista contemplando a súa obra”. Pola súa banda, a viúva de Quessada, María Jesús Blanco, agradeceu as palabra se as mostras de cariño amosadas por todos os asistentes ao acto e dixo sentir ledicia porque iso demostra o interese por manter vivo o legado do seu home.

Volver atras
Imprimir Página