A revista “Raigame” dedica na súa totalidad o seu núm. 31 aos premios do “Concurso da VIII Romaría Raigame” de investigación etonográfica e fotografía. Presentada este xoves, destacouse o premio de investigación etnográfica concedido a Aníbal Cid polo seu traballo “A oliveira e os muíños de aceite”. Un traballo que permite establecer, segundo manifestou o seu autor, que é posible aínda hoxe conservar unha tradición que estaba a perderse como é o traballo agrícola ao redor da oliveira.
 
 
Un estudo demostra que a industria do aceite é posible en Galicia e pode dinamizar o agro
11 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A revista etnográfica “Raigame”, que edita a Deputación de Ourense, dedica completamente o seu nº 31 aos premios do “Concurso da VIII Romaría Raigame”, de investigación etnográfica e fotografía.
Precisamente o premio de investigación etnográfica foi concedido a Aníbal Cid polo seu traballo “A oliveira e os muíños de aceite”, un pormenorizado e novidoso estudo sobre a produción de aceite en Galicia que, en palabras do autor, “permítenos conservar unha tradición que estaba a perderse como era o traballo agrícola ao redor da oliveira”. Segundo Aníbal Cid, tomando como base as investigacións de Xaquín Lourenzo na provincia de Ourense existen zonas que contaron cunha importante produción olivareira como son Oímbra, Feces, Lobios ou Valoiro.
Todos os participantes no acto de presentación que tivo lugar este xoves, destacaron a grande oportunidade deste estudo. José Luis Baltar destacou que o traballo de Aníbal Cid “permite traer á actualidade e poñer en valor unha industria agrícola como é a do olivo en Galicia, pois estamos a ver que dende a Xunta de Galicia se está a apoiar a recuperación deste cultivo e xa existen empresas -en referencia a Aceites Abril- que queren facer un aceite galego, con características propias e de gran calidade, que a ben seguro terá unha grande aceptación no mercado”.

Baltar dixo que esta iniciativa de recuperar as prantacións olivareiras son un proxecto “de presente e de futuro para o noso agro, polo importante rendemento económico que pode conlevar”.
Neste senso, o representante de Aceites Abril, José Manuel Pérez Canal, dixo que a súa empresa cre firmemente nun “aceite galego”. “Nós levamos 50 anos envasando aceite en Galicia e pesamos que recuperar a tradición olivareira vaille dar un pulo ao noso rural”, engadindo que na actualidade a súa empresa está a xestionar 25 hectáreas de olivo que a Xunta sementara como explotación piloto.

Pola súa banda, o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, subliñou a importancia de seguir mantendo viva a chama da etnografía en Ourense, representada polo “burgo” de Vilanova, onde cada ano danse cita miles de persoas para render unha homenaxe as tradicións da nosa terra. Mouriño anunciou que se está a traballar para que o vindeiro ano poda crearse en Vilanova o “Museo dos zapateiros”, un oficio de gran importancia na comarca de Celanova ata mediados do século pasado.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página