A compra de de dúas parcelas na zona do Campo da Feira, coas que se xerará unha zona verde na marxe dereita do río Miño que favorecerá o desenvolvemento do Plan Estratéxico Termal, e a posta a disposición da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dos terreos para executar o proxecto da pasarela peonil de Oira, son dous dos principais acordos da Xunta de Goberno do Concello de Ourense deste xoves. En materia termal tamén se procedeu a adxudicación provisional das obras de renovación e melloras do manancial do Tinteiro e o seu contorno, por un importe de 116.884 euros. Coa pasarela peonil de Oira, o Concello de Ourense insiste en que se conseguirá pechar o anel que dende aquí chega a Outariz, con proxección aínda pola marxen dereita do río ata Untes.
 
 
O Concello xa ten os terreos donde ubicar a pasarela peonil de Oira, que cede a CHM-S
4 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá adquirir dúas parcelas actualmente destinadas a uso comercial e industrial ubicadas na rúa Tinteiro, na zona do Campo da Feira, que se destinarán á construcción dunha nova zona verde na marxe dereita do río para facilitar o desenvolvemento turístico e termal da cidade neste entorno, de acordo coas previsións do Plan Estratéxico de Termalismo do Concello.
“A actuación vén complementar a reforma que se está levando a cabo no Campo da Feira desde a Concellería de Termalismo, un ambicioso proxecto de arquitectura de vangarda que virá revitalizar este espazos e singularizar a actividad comercial que aquí se celebra, incorporando tamén novos usos sociais”, sinálase ao respecto dende a Tenencia de Alcaldía de Andrés García Mata.

A primeira é unha parcela cun único inmoble con dúas zonas, unha de oficina de 107 metros cadrados e outra industrial de 851 m2, ambas dunha planta. A segunda é unha parcela de 1.213 m2 cun único inmoble con dúas zonas, unha de oficina de 136 m2 e outra industrial e outra de 136 m2, e outra industrial de 1.014 m2, ambas dunha planta.
A adquisición destas parcelas suporá un investimento total de 578.739 euros.
 
En materia termal tamén se procedeu a adxudicación provisional das obras de renovación e melloras do manancial do Tinteiro e o seu contorno, por un importe de 116.884 € á empresa TEFAR, S.L. A actuación suporá a urbanización para mellora de accesos así como a instalación dunha pérgola e novo mobiliario urbán e a reforma e hixienización da fonte.  O proxecto contempla, así mesmo,  incrementar o caudal do manancial co selado de surxencias río adentro nas proximidades do manantial.

Así mesmo, e cando se ven de realizar a contratación dunha asistencia técnica para a redacción do proxecto de recuperación de La Molinera, a Xunta de Goberno aprobou este xoves a contratación do servizo de consultoría técnica para o seguemento, control e dinamización  do futuro Centro do Coñecemento 2012.
A empresa adxudicataria, AZERTA CONSULTING TIC, S.L, será a encargada de redactar un informe que determine necesidades de dotación  de espazos e infraestruturas para a posta en marcha deste centro adicado á implementacións das TIC.

Na mesma sesión, acordouse poñer a disposición da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil os terreos da marxe dereita do río Miño necesarios para a execución do proxecto de pasarela peonil sobre o río en Oira.
A pasarela permitirá pechar á altura de Oira, o circuito peonil que comunica as dúas marxes do río, actualmente conectados xa a través de pasarelas nos puntos de O Vao e Outariz.
O esquema da pasarela proposta consiste nun taboleiro sostido en dous mástiles por medio de tirantes de cable de aceiro. A distancia entre as cimentacións dos mástiles é de 110 mts., de xeito que se salva o cauce normal do río Miño sen apoios intermedios. De cada mástil parten sete tirantes cara o tramo central do taboleiro e outros sete cara o extremo correspondente de taboleiro e a zona de retida en estribo ou en taboleiro con péndolas verticais. O pavimento da pasarela é un entarimado de madeira. As varandas consisten en montantes inclinados cara o interior, unidos por tubos intermedios e tubo e pasamáns no seu extremo posterior, todos eles de aceiro inoxidable.

A pasarela cruza o cauce do Miño de xeito aproximadamente ortogonal e manténdose á cota 107.37 mts., de xeito que se manteña o taboleiro con resgardo de alomenos un metro respecto da avenida dos 500 anos.
Na marxe esquerda do río o camiño ó que se accede está aproximadamente a esta cota, pero na dereita é necesario descender ata a cota 100.00 mts. mediante unha rampa de aproximadamente 102 metros de lonxitude. Esta rampa plantéxase de xeito que discurra en paralelo ó camiño existente e se sosteña mediante fustes únicos de sección elíptica de formigón armado, que sosteñen un taboleiro, do mesmo material.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página