Uns 3.600 nenos ourensáns ten previsto que o Concello de Ourense que participen no programa de actividades de Educación Viaria do Parque Infantil de Tráfico, que comezan este mesmo martes. Son 800 cativos máis que os que participaron o pasado ano. Este ano, o Concello de Ourense presenta un novedoso programa para previr dende a escola os accidentes de ciclomotor dos alumnos da ESO, xa que no que vai deste ano 37 menores sufriron accidentes de cilomotor en Ourense, rexistrándose 5 feridos graves e 34 leves. Dos 3.600 escolares que participarán nestas actividades, 2.330 son escolares dos centros educativos da cidade e outros 1.330 pertencen a outros concellos da provincia.
 
 
O Concello de Ourense pon en marcha un programa para previr dende a escola os accidentes de ciclomotor
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Fernando Varela, concelleiro de Tráfico
1 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Máis de 3.600 escolares ourensáns participarán no programa de actividades de Educación Viaria do Parque Infantil de Tráfico do Concello de Ourense, que iniciará o seu curso 2009/2010 este mesmo martes. O programa está coordinado polas Concellerías de Tráfico e Educación, e dará os seus primeiros pasos ás 11 da mañá deste martes en Expourense, co acto oficial de apertura do curso, no que participarán os concelleiros de Tráfico, Fernando Varela, e Educación, Ana Garrido, o xefe provincial da Dirección Xeral de Tráfico, David Llorente, o xefe da Policía Local, Abelardo Ulloa, e representantes da Consellería de Educación e da Deputación de Ourense, entidades que participan neste programa formativo.
Concretamente, este ano o programa centrarse na prevención de accidentes de ciclomotor entre os escolares ourensáns, facendo fincapé nas prácticas de sinalización e no uso do casco. Como finalidade, as concellerías implicadas teñen a de rebaixar a cifra de accidentes no que vai de ano, concretamente 37, dos cales 5 provocaron feridas graves ós mozos, e 34 leves.

O curso 2009/2010 do Parque Infantil de Tráfico de Ourense contará coa participación dun total de 3.660 alumnos, dos que 2.330 son escolares dos centros educativos da cidade e outros 1.330 pertencen a outros municipios da provincia.
A cifra de participación reflexa un importante aumento, de 800 alumnos, respecto ó pasado curso 2008/2009.
Durante este curso participarán nas actividades teóricas e prácticas programadas, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde no circuíto de Educación para a Seguridade Vial. O centro participante neste primeiro día será o CEIP A Ponte, cun grupo de 40 alumnos de 5º curso de Educación Primaria.

O programa formativo incorpora este ano como novidade un curso de conducción segura de ciclomotores, especialmente dirixido ós mozos que estudian ESO na actualidade, no que participarán un total de 300 alumnos. Con esta iniciativa, o Parque Infantil de Tráfico pretende fomentar a seguridade entre os mozos ourensáns para fomentar a prevención de accidentes entre este sector de poboación e favorecer a súa axeitada formación en materia de seguridade viaria.
A posta en marcha deste curso de condución segura xurde froito da colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, que facilitou un ciclomotor co que os alumnos poderán realizar as prácticas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página