Alcalde da cidade e María Devesa, titular de Participación Cidadá, xiraron visita este mércores aos veciños de Zaín, no extrarradio da capital ourensá, para revisar unha serie de obras levadas a cabo con cargo aos Orzamentos Participativos deste Concello. Os traballos supuxeron un investimento de preto os 65.000 euros.
 
 
 
A localidade de Zaín dispón de servizos e melloras por valor de casi 65.000 euros
26 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa visitaron este  mércores a localidade de Zaín e ós seus veciños, con motivo da recente finalización dunha serie de obras levadas a cabo no entorno do local da Asociación de Veciños. As obras realizadas forman parte dos Orzamentos Participativos da Concellería de Participación Cidadá, cun investimento total de 64.411,79 euros.

No entorno do local veciñal, acondicionouse a parcela limítrofe como área recreativa. Levouse a cabo a retirada de árbores, e rebaixouse o terreo para acometer a realización de recheo da finca e adaptar a parcela como área recreativa para disfrute dos veciños de Zaín.
Ademais, instalouse unha barbacoa, unha barandilla de madeira en todo o perímetro, e colocouse unha mesa de pedra con dous bancos do mesmo material. Por último, instalouse unha fonte e rego automático en toda a zona do xardín, e os veciños poderán facer exercicio nos aparatos biosaudables incluidos nas melloras.

Volver atras
Imprimir Página