Santiago Camba

 
  “Grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”, sinalou este mércores o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, nun encontro que mantivo con tódolos, os 130, emigrantes retornados estes días a Galicia, tanto polo programa “Volver á terra” como “Ven a Galicia, ben en Galicia”. Camba subliñou a importancia de saber transmitir a herdanza da emigración e o arraigo ás orixes. Entre as asistentes ao encontro atopábase a maior das participantes nestes programas, unha galega de 92 anos residente en Buenos Aires.
 
Noticias Relacionadas
  Emigrantes a Iberoamérica de Arnoia, Ramiás e Viana chegaron no programa da Xunta Volver á terra
 
 
Camba destaca a importancia da herdanza da emigración nun encontro con 130 emigrantes galegos
26 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantivo este mércores un encontro cos 130 participantes dos programas “Volver á terra” e “Ven a Galicia, ben en Galicia”, que chegaron á nosa Comunidade procedentes de Arxentina, Andalucía, Canarias, Castela-León, Madrid, Cataluña, Euskadi e Francia. “Grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”, sinalou Camba Bouzas ao dirixirse aos emigrantes retornados estes días a Galicia.
O director xeral de Emigración expresou que “grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración”, e recordou a importancia de saber transmitir esa herdanza e “a referencia de Galicia e o arraigo ás orixes” aos fillos e netos.

Camba enfatizou que eran estes “momentos para reencontrarse coas raíces, coas familias e lugares de orixe aos que enorgullecedes día a día”, subraiou.
Por último o responsable da Emigración trasladou “o afecto e agarimo do Presidente Núñez Feijoo e a súa sensibilidade cos problemas que afectan aos paisanos que viven lonxe, traballando este executivo por tódolos galegos do mundo, estean onde estean”, concluíu.
Ámbolos dous programas teñen por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias a estes emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade e que redescubran as súas raíces. O programa “Volver á  terra” agrupa a 58 participantes de Iberoamérica, mentres que pola modalidade do  “Ven a Galicia, ben en Galicia” chegaron un total de 72 emigrados galegos doutras comunidades autónomas e de Europa.

Durante estes días, desde a súa chegada o pasado 18 de novembro, os participantes desfrutan dunha estancia na Residencia de Tempo Libre do Carballiño desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra, propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe, e o intercambio de experiencias co resto dos participantes.
Pasada esta quenda regresarán aos seus lugares de residencia ou iniciarán unha estadía coas súas familias en Galicia, ata completar o tempo máximo de tres meses.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página