Desenvolver nos asistentes as aptitudes aplicables á actividade profesional sobre o marco legal existente na Administración electrónica. Ese é o principal obxectivo dun curso que, organizado pola Deputación de Orense sobre Administración Electrónica, deu comezo este mércores nas aulas de Academia Postal desta cidade. Vai dirixido sobre todo a aqueles que a partires do primero de xaneiro do ano que ven, terán que xestionar electrónicamente dende todas e calquera estamento público.
 
 
Comezou un curso preparatorio da administración electrónica que se aveciña con ano 2010  

26 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Este luns comezou un curso sobre “Administración electrónica: DNI electrónico e sinatura dixital” organizado pola Deputación de Ourense. O curso, que se prolongará ata o día 3 de decembro, ten lugar en Postal Escola de Negocios da rúa de Reza, próxima ao Pazo Provincial, sede da Deputación ourensá.
Os obxectivos do curso son desenvolver nos asistentes as aptitudes aplicables á actividade profesional sobre o marco legal existente na Administración electrónica, para que poidan aplicar os medios electrónicos á xestión administrativa con plena seguridade xurídica. Tamén se estuda a normativa existente en materia de seguridade informática e Administración electrónica afondando na Lei 59/2003 de sinatura electrónica e na Lei de acceso electrónico dos cidadáns ás Administracións públicas.

O curso vai dirixido a empregados públicos locais de tódolos grupos de titulación que deban realizar labores administrativos con mecanización informática; persoal da Administración Local que teña realizado algún curso de informática básica anteriormente e con coñecementos previos de internet, e persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.
O programa formativo inclúe temas como bases conceptuais da sinatura electrónica, características dos documentos electrónicos, normativa relativa aos documentos electrónicos e certificados. A duración do curso é de 20 horas lectivas, e desenvolverase en horario de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres.

Volver atras
Imprimir Página