A Deputación de Ourense promove a formación e integración laboral de persoas con síndrome de Down, no marco do proxecto “Innova Ourense”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que contempla un programa específico dirixido a xóvenes pertencentes ao colectivo con síndrome de Down, o cal fixo posible ata o de agora que 13 mozos con esta discapacidade intelectual puidesen ter contacto co mundo laboral. O Salón de Plenos da Deputación acolleur este xoves, nun acto moi entrañable, a clausura desta iniciativa. Dos 140 programas que se desenvolven en toda España cofinanciados polo Fondo Social Europeo, o da Deputación de Ourense é o único que contempla unha actuación singular adaptada ás especiais características do colectivo Down.
 
 
13 xóvenes con síndrome de Down recibiron os diplomas do Programa de Integración Laboral
20 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Este xoves tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación de Ourense o acto de clausura do Programa de Integración Laboral de persoas con síndrome de Down, iniciativa de formación e emprego que se enmarca no proxeto “Innova Ourense”, e acto que contou coa presencia do presidente da Deputación, José Luis Baltar, da vicepresidenta da Asociación Down de Ourense, Mara Prieto, e así como representantes das empresas e entidades colaboradoras que acolleron aos xóvenes na fase de inserción laboral do programa.

José Luis Baltar agradeceu a implicación da sociedade civil neste proxecto “porque todas as institucións e empresas que participaron nesta iniciativa amosaron o mellor delas a través da manifestación da súa responsabilidade social”. O titular da institución provincial engadiu que o “obxectivo prioritario” deste proxecto foi “ darlles a oportunidade a este mozos e mozas de experimentar a sensación e a responsabilidade diaria de estar nun posto de traballo. Isto é así porque os programas de políticas activas da Deputación de Ourense teñen que ofertar oportunidades para todos os cidadáns”.
Baltar agradeceu aos pais e ás familias dos xóvenes o seu traballo e anunciou que no primeiro trimestre do próximo ano, “se a Asociación Down o estima oportuno, poñerase en marcha unha nova actuación de carácter laboral, porque somos conscientes de que queda moito camiño por percorrer neste ámbito e queremos percorrelo xunto con vós”. 

Pola súa banda, a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto, agradeceu ao presidente da Deputación o apoio constante e decidido da institución provincial e animou a todas as empresas, organismos e medios de comunicación a seguir apoiando a estes mozos e mozas no seu camiño de integración na sociedade, a través do eido laboral. 
Itinerario formativo

O programa desenvolvido consistiu nun itinerario formativo denominado “Auxiliar de atención ó público en entidades públicas e privadas”, que tivo unha fase teórica e outra práctica, cada unha de dous meses de duración. Esta formación desenvolveuse entre abril e xullo do presente ano durante catro días á semana.
Dos 140 programas que se desenvolven en toda España cofinanciados polo Fondo Social Europeo a través do eixo 2 do Programa Operativo de Adaptabilidade e Emprego,  o Plan Innova da Deputación de Ourense é o único que contempla unha actuación singular adaptada ás especiais características do colectivo Down.

Neste senso, no marco deste convenio, a Deputación de Ourense elaborou un programa formativo específico adaptado ás necesidades do colectivo Down, e puxo a disposición do grupo en formación e dos docentes participantes os medios técnicos e físicos necesarios para o correcto desenvolvemento e seguimento da formación.
Asi mesmo, a institución provincial seleccionou a formadores para a impartición do programa formativo, poñendo especial atención neste colectivo, asumindo os custes derivados de dita formación. En concepto de beca, a Deputación abonou mensualmente a cada alumno 395,43 €, que é a cantidade máxima que o Fondo Social Europeo permite abonar a persoas en formación.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página