A Concellería de Industria, Comercio e Turismo, en colaboración coa Unión de Hostaleiros Ourensanos pon en marcha para este mes de novembro unha nova edición das xornadas gastronómicas "Sabores de Outono". Trátase dun programa de formación para hosteleiros que se combina cunha oferta gastronómica de menús, tapas e pinchos baseados nos productos estrela da tempada: cogumelos, castañas, pan de cea e viño novo.  
 
 
Máis de 30 restaurantes de Ourense participan nunha nova edición de Sabores de Outono
3 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concelleira de Industria, Comercio, Turismo e Termalismo, Ana Garza Cortiñas presentou este luns unha nova edición de Sabores de Outono 2009, unha campaña de promoción gastronómica que xa se desenvolveu con éxito o pasado outono e que este ano repite con participación ampliada. Acompañandoa  na mesa estiveron representando á UHO José Miguel Pérez e Javier Outomuro, ambos hosteleiros e membros da directiva. Todos coincidían “na importancia que ten desenvolver actividades dinamizadoras comaa esta, que aposten decididamente pola innovación e a formación, xa que nelas se sustenta  a viabilidade da hostelería”.

As xornadas gastronómicas Sabores de Outono arrancou xa este luns día 2 de novembro  con obradoiros de formación dirixidos á profesionais e impartidos por recoñecidos cociñeiros “defensores a ultranza dos productos autóctonos  e de calidade”. Os poñentes nestas sesións serán, segundo explicou Javier Outomuro, Gloria Elías Martín, cuxo restaurante “El Empalme” en Zamora é referente internacional para os micólogos, Alfonso Meneses, expecialista en pinchos, e Antonio González, de “El Rincón” tamén en Zamora, establecemento cunha estrela Michelin. Os tres impartirán uns obradoiros prácticos, en total 10 horas de formación, un adicado ás castañas e viños e outro a cogumelos e postres. Desenvolveránse no Asador de Roa.

A partir do día 6 de novembro e até o 16 chegará o turno dos menús adicados aos productos do outono, unha iniciativa que, como explicou a edil nacionalista Ana Garza “sírvenos para serrar unha oferta atractiva para o turista nunhas datas nas que non necesariamente hai moito movemento. Facendo coincidir coa festividade dos magostos, recentemente declarada de interese turístico, estamos colocando a Ourense coma un destino turístico atractivo”. Os menús, tapas e pinchos poderán saborear en máis de 30 establecementos da cidade estes días e deberán ter como única condición a presenza neles de castañas, cogumelos ou pan de cea.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página