Ás seis da tarde deste venres, día 30, ábrese ao público na Sala de Exposicións do Centro Social Caixanova en Ourense a exposición “Fotógrafos da Natureza 2009. Wildlife photographer of the year”. A mostra vaise manter nas instalacións da entidade financeira da capital ourensá ata o 13 de decembro. O concurso anual Wildlife Photographer of The Year celebra este ano a súa edición número trinta e cinco, na que se recibiron máis de 32.00o imaxes procedentes de 82 países. Sinálase a fotografía “Leopardo das neves” do fotógrafo Steve Winter, como a máis impactante deste ano.
 
Noticias Relacionadas
  La Wildlife 2008 en el Centro Social de Caixanova en Ourense a partir de este jueves durante todo noviembre
 
Chegou ao Centro Social de Caixanova en Ourense a Wildlife, que se mantén ata decembro
Leopardo das neves, de Steve Winder
30 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Chega outro ano a “Wildlife photographer of the year”, exposición que auspicia anualmente Caixanova, e qe trae o mellor da fotografía da natureza. De feito, a Wildlife está considerada como “o mellor expoñente do esplendor, drama e diversidade da vida no Planeta Terra”.
A exposición queda instalada no Centro Social Caixanova da Praza Maior da capital ourensá ata o día 13 de decembro.

O concurso anual Wildlife Photographer of The Year, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres co patrocinio de Shell, celebra este ano a súa edición número trinta e cinco.
Nesta edición recibíronse máis de 32.000 imaxes procedentes de 82 países. A magnífica colección de imaxes desta exposición é o mellor expoñente do esplendor, o drama e a diversidade da vida no Planeta Terra. Os estilos e protagonistas das fotografías son moi variados, desde a plasmación abstracta da natureza ata os retratos de animais, pasando polo comportamento máis íntimo dos seres vivos e, mesmo, o efecto do quecemento global.

Nesta edición, a fotografía seleccionada como a máis impactante e salientable de todas as presentadas foi “Leopardo das neves”, do fotógrafo Steve Winter, que acadou capturar está imaxe despois de dez meses de traballo no parque nacional de Hemis de Ladack na India.
Entre os galardoados tamén está un español, Carlos Virgili pola súa foto “Medusa Solar”.

Esta exposición pódese visitar no mencionado Centro Social de Caixanova na Praza Maior da capital ourensá, de luns a venres de seis da tarde a nove e media da noite, e os sábados, domingos e festivos, de once da mañá a dúas e media e de seis da tarde a nove e media da noite.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página