Coa castaña como un dos principais reclamos gastronómicos da comarca, comeza este luns en A Gudiña a Feira Forestal e Agroalimentaria Provincia. Este certame vai xa pola XV edición, e segue tendo o apoio da Deputación Provincial de Ourense. Haberá conferencias estructuradas nun ciclo, unha exposición sobre maquinaria agrícola e forestal, produtos agroalimentarios, empresas locais, artesanía e viveiros forestais, que terá lugar no pavillón polideportivo os días 31 de outubro e 1 de novembro, e tamén un concurso de castaña, no que se premiarán a calidade do produto e os soutos, con premios en metálico e castiñeiros de regalo.
 
 
Comeza en A Gudiña este luns a “XV Feira Forestal e Agroalimentaria provincial”
26 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de A Gudiña organiza, coa colaboración da Deputación de Ourense, a “XV Feira Forestal e Agroalimentaria Provincial”. Esta Feira Forestal, a decir dos seus promotores, é unha xuntanza de promoción e exaltación dos produtos e da riqueza agroforestal plenamente consolidada, convertida xa en punto de referencia para o sector na provincia de Ourense. Conferencias, exposicións, xornadas gastronómicas e concursos conforman o programa desta feira, que comeza este luns, na que cada ano participan centos de persoas chegadas de todas as comarcas de Ourense e pobos veciños de Castela León e Portugal.

As actividades comezan cunha interesante conferencia sobre “As Uxfor: unha nova ferramenta de xestión do monte. O cooperativismo na produción forestal”.
Os día seguintes, o ciclo de conferencias continuará con mesas redondas e conferencias sobre “Industrialización dos produtos do castiñeiro” (martes 27), “O cooperativismo en torno á xestión da produción e explotación do castiñeiro” (mércores 28); “Cultivo e pragas do castiñeiro. Pasos para a creación dunha cooperativa de aplicación de praguicidas” (xoves, 29), e “Coidado e xestión da caza. O cooperativismo en torno aos cotos privados de caza” (venres 30). Todas as conferencias terán lugar na Casa da Viúva, ás 19.00 horas.

O programa de actos tamén acolle unha exposición sobre maquinaria agrícola e forestal, produtos agroalimentarios, empresas locais, artesanía e viveiros forestais, que terá lugar no pavillón polideportivo os días 31 de outubro e 1 de novembro.
Precisamente ese domingo haberá tamén unha xornada gastronómica no patio do colexio Laureano Prieto, que consistirá nun xantar popular a base de xabarín con castañas e bica de manteiga e montonicos, xantar que rematará cun magosto.

As actividades inclúen un concurso de castaña, no que se premiarán a calidade do produto e os soutos, con premios en metálico e castiñeiros de regalo, e un concurso de pratos e postres elaborados con castañas e produtos autóctonos, organizado pola Federación provincial de Caza de Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página