A Concellería de Educación, dentro do programa “Teatro, Cine e Danza na Escola”, organiza a representación para escolares do espectáculo teatral “Cachai” (Aula aberta de Filosofía), que terá lugar o luns, 26 e o martes, 27 de outubro no salón de actos do IES E. Blanco Amor, ó que asistirán aproximadamente 489 alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato de 6 centros de ensino secundario da cidade.
 
 
“Cachai, Aula aberta de filosofía”, represéntase este luns e martes no IES do Blanco Amor
26 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

“Cachai, Aula aberta de filosofía”, é a representación que organiza o Concello de Ourense estes luns e martes no salón de actos do IES Blanco Amor desta cidade, dentro do programa “Teatro, Cine e Danza na Escola”. Está previsto que nas dúas xornadas acudan a esta representación casi 500 alumnos de 4º da ESO e Bacharelato de seis centros desta cidade.
A obra está protagonizada por Adan Rodríguez e David Gómez-Bendito, con dramaturxia e dirección a cargo de Pepe de Jiménez.

Baseada nun  feito real, acontecido na noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno, a dramaturxia plantexa a peripecia de subsistencia de dous mozos perseguidos polos militares, que perderon esa noite ós seus pais e vense obrigados  a vivir durante  dous anos dentro do nicho dun cementerio.

Despois de cada función  haberá unha posta en común cos estudiantes sobre o que viron e sentiron. Previamente, cada centro participante tivo acceso ó material pedagóxico necesario para asistir á representación que se atopa na web da Concellería de Educación.

 
 
Volver atras
Imprimir Página