A Xunta de Goberno Local do concello de Ourense aprobou este xoves a modificación prevista e anunciada no prego de condiciós da rede Wifi na cidade. Concretamente cambia a cláusula 8 do prego para primar o tempo de resposta das operadoras ante unha avería así como que o servizo ofreza máis capacidade de banda ancha e a posibilidade de crecemento. Aínda así, sinala o Concello de Ourense, que se mantén o ritmo previsto de implantación da rede. Asemade, a Xunta de Goberno do Concello de Ourense, tras recibir o informe favorable de Patrimonio, deu luz verde á execución das obras de adecuación e mellora do contorno da Praza das Burgas.
 
 
A Xunta de Goberno do Concello visou unha modificación nas condicións da rede Wifi da cidade
23 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense mantén o ritmo previsto na implantación da rede WIFI municipal. A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou a modificación dunha das cláusulas –a cláusula 8- do prego para a contratación dos traballos de instalación, provisión de equipamento, posta en funcionamento e mantemento dun enlace e servicio de acceso a Internet, para dar servicio á insfraestructura de rede radioeléctrica de banda ancha para acceso a Internet do Concello de Ourense.

A aprobación deste acordo supón unha mellora das condicións técnicas para a contratación dos traballos. Deste xeito, coa modificación da citada cláusula, valoranse a maiores tres condicións no referido á adxudicación do contrato: por unha banda, darase máis puntuación ó servicio que ofreza
máis de 40 MB (Megabytes) de ancho de banda, e a aquel que empregue unha liña de datos de prestación do servicio superior ós 100 MB. Asimesmo, primarase o servicio que ofreza menor tempo de resposta ante unha hipotética avaría.

Inícianse as obras de adecuación e mellora da Praza das Burgas

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense, tras recibir o informe favorable de Patrimonio, deu luz verde á execución das obras de adecuación e mellora do contorno da Praza das Burgas. O proxecto, redactado polo recoñecido arquitecto César Portela, será materializado pola empresa Manuel Cruz Madernaz, que contará cun orzamento de 54.433 euros. A actuación contempla o peche dos acesos a piscina, o tratamento do muro do colexio da Josefinas e a colocación de dúas árbores cereixo de flor.

Ademais, aprobou o expediente de contratación das obras do proxecto básico e de execución de adecuación e mellora da praza Calpurnia Abana, para proceder a súa adxudicación, mediante procedemento negociado. Cun orzamento de 91.339 euros, a obra consistirá na impermeabilización da plaza sobre os baixos comerciais, a mellora do pavimento enlousado con granito e a instalación de mobiliario urbano, consistente en mesas e bancos de pedra.
Ambas actuacións, desenvoltas dende a área nacionalista de Turismo e Termalismo, ten como finalidade revalorizar unha zona tan emblemática da cidade como son As Burgas e o seu entorno.

Na mesma xuntanza, adxudicáronse de xeito provisional á empresa Extraco Construccións e Proxectos as obras de humanización das rúas da Inmaculada, Bispo Blanco Nájera e Sarmiento de A Cuña, rúa Cega, praza Serra Leboreira,  e rúas da Eirexa e Travesa. A actuación, de caracter integral, contará cun orzamento total de 544.330 euros, xestionado dende a área de Infraestructuras, que dirixe o teniente de Alcalde Andrés García Mata. A obrá suporá unha renovación total da área, tanto a nivel estético como funcional e na súa execución empregaranse materiais e mobiliario urbán de primeira calidade.  Esta actuación tamén inclúe a renovación das redes de abastecemento e saneamento de toda a zona.

Tamén se aprobou o expediente de contratación das obras do proxecto básico de execución do parque e lavadoiro de Seixalbo. Esta acción, vinculada ás oficina de Rehabilitación do PERI, conta cun orzamento de 110.000 euros. 
Acometeráse a reforma do lavadoiro e a súa integración co parque anexo, empregando materiais nobres e tradicionais en contraposición ás uralitas e o cemento cos que hoxe conta. As obras contemplan solucionar os problemas de accesibilidade ao lavadoiro cunha rampa así como a súa conexión co parque. Renóvase a cuberta a súa cunha superficie que gañe superficie para a zona verde en máis de 50 metros cadrados, reorganízase o espazo, recupérase a fonte existente e ubícase unha nova na zona do parque, que tamén verá renovado o seu mobiliario urbán.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página