“Un conto informático no mundo das letras”. Así definíu o traballo de Xoán Babarro o xurado do premio “Pura e Dora Vázquez” de narración a hora de otorgarlle o primeiro premio que está dotado con 3.000 euros. O xurado valora de xeito especial a calidade léxica do texto e a súa relación coas novas tecnoloxías.
 
 
“Un conto informático no mundo das letras” gaña o “Pura e Dora Vázquez” de narración
17 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Xoan Babarro González resultou gañador da VII edición do premio “Pura e Dora Vázquez” de narración, por acordo unánime do xurado reunido este venres no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Aínda que residente na Coruña, Xoan Babarro é natural de Ourense, e foi premiado polo traballo titulado “Palabra era un universo paralelo”.
Este premio, que convoca anualmente a Deputación de Ourense nas súas modalidades de narración e ilustración, chega á súa sétima edición e está dotado con 3.000 euros para cada unha das categorías (narración e ilustración).

O xurado avaliou de maneira especial a calidade léxica do texto e a relación coas novas tecnoloxías, chegando a definilo como “un conto informático no mundo das letras” e que vai gañando en intensidade segundo avanza a historia. “Trátase dun traballo altamente elaborado, cunha liña argumental claramente definida”, sinala o xurado ao emitir o fallo.

O xurado desta edición estivo integrado  por Concha Blanco (gañadora da pasada edición), José Manuel Fernández López (educador), Xosé Paz (pedagogo) e Antonio Piñeiro (xornalista). Como secretario oficióu o director do Centro Cultural, Francisco González, e presidíu o xurado o deputado de cultura, José Luis Valladares.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página