O Concello de Ourense vén de licitar e adxudicar o suministro de Material de Oficina, Papelería e Consumibles Informáticos por un importe global de 126.032 euros, o que supón un aforro do 17 % sobre o importe previsto para esta partida. Ademais do aforro económico alcanzado, o Concello que dirixe como alcalde Francisco Rodríguez destaca o feito de que por primeira vez se introducen criterios ecolóxicos e de mantemento sostible nesta licitación.
 
 
O Concello introduce criterios ecolóxicos e de sostibilidade no suministro de papel e consumibles  

13 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense ven de adxudicar o suministro de Material de Oficina, Papelería e Consumibles un 17% por debaixo do que estaba previsto.
O papel suministrado (600.000 follas/ano) deberá cumprir a norma TCF (Totally Chlorine-Free), o que supón que o total de fibras que compoñen o papel están branqueadas con compostos libres de cloro, medida máis restrictiva que a ECF (Elemental Chlorine-Free), coa que se producen dioxinas contaminantes. Na mesma liña, unha parte do papel será reciclado, cumprindo coa recomendación do Consello 81/972/CEE.

Ademais, o papel contratado ten a certificación forestal PEFC, concedida polo Consello de Certificación Forestal Paneuropea, dentro do “Programme for the Endorsement of Forest Certification”, unha organización sen ánimo de lucro, independente e non gubernamental, que dende 1.999 promove e supervisa a xestión sostible dos bosques dos que se extrae a madeira, para producir pasta de papel, basada nos criterios e indicadores emanados das Conferencias Interministeriais de Helsinki (1993) e Lisboa (1998) para a protección dos bosques de Europa.

“O Concello aposta, deste xeito, pola aplicación dunha rigurosa política medioambiental e de apoio á sostenibilidade no que atañe ós seus suministros, que non está en absoluto xeneralizada”, sinala o Goberno de Francisco Rodríguez.

Volver atras
Imprimir Página