A Asociación de Pais a favor das Persoas con Discapacidade Psíquica de Ourense (ASPANAS) é a adxudicataria do Servicio de Lavandería a Domicilio, un proxecto experimental do Concello de Ourense que permitirá aos seus beneficiarios recibir a súa roupa limpa no seu propio domicilio. Así o acordou a Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do pasado xoves, adxudicando o servicio á Asociación por un importe de 20.880 euros. O programa é financiado por Caixanova no marco dun convenio de colaboración asinado co Concello. Deste xeito, o Concello de Ourense di apostar pola integración ao aduxicar a ASPANAS este servizo.
 
 
ASPANAS encargarase do Servizo de Lavandería a Domicilio dos maiores da cidade  
13 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

ASPANAS é a adxudicataria do Servicio de Lavandería a Domicilio desta cidade, programa posto en marcha polo Concello de Ourense a modo experimental, polo de agora. Mediante este servicio, 54 ourensáns recibirán a súa roupa limpa cada quince días, por un custe de cinco euros mensuais. Os beneficiarios son persoas empadroadas e residentes no municipio ourensán, que se atopan nunha situación que lles impide satisfacer as súas necesidades persoais e sociais polos seus propios medios, que recibirán atención e apoio para continuar no seu entorno habitual. Son persoas de máis de 65 anos, que teñen limitada a súa capacidade de aunomía persoal, que carecen de apoio familiar e requiren da axuda que lles aporta a Concellería de Benestar Social para a súa hixiene doméstica.
O Servicio de Lavandería a Domicilio do Concello de Ourense engloba a recollida, clasificación, pesado, lavado, pasado de ferro, empaquetado e entrega da roupa persoal no fogar do usuario, con carácter quincenal. O prazo de presentación de solicitudes para recibir o servicio mantense aberto a día de hoxe.

A concelleira de Benestar Social e Sanidade, Marga Martín, salienta que coa oferta deste servicio o Concello de Ourense completa unha xa de por si ampla gama de servicios destinados á terceira idade: a Farmacia a Domicilio, a Axuda no Fogar, a Teleasistencia gratuita, ou o Comedor sobre Rodas. “A nivel galego, somos a única cidade que ofrece ós seus cidadáns tantos servicios neste eido, redundando na calidade de vida e benestar dos ourensáns”.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Marga Martín