A satisfacción é máxima, e no Consello Regulador din que non pode ser doutro xeito: os viños do Ribeiro acadaron 10 das 36 medalles outorgadas no “CINVE 2009”, ao que acuden tódolos anos viños de todo o mundo. O Concurso Internacional de Vinos y Espirituosos (CINVE), recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, contou cun xurado formado por máis de 50 persoas. A do Ribeiro foi a denominación máis premiada na categoría de brancos do concurso.
 
 
A Denominación Ribeiro acada 10 dos 36 premios de viños brancos no concurso CINVE 2009
5 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de 10 galardóns no concurso “CINVE 2009”, no que se presentaron viños de todo o mundo. Deste xeito, a D.O. Ribeiro resultou a máis premiada do concurso na categoría de viños brancos, xa que copou 10 das 36 medallas outorgadas.
A resolución do concurso tivo lugar o pasado 27 de setembro no Hotel Alfonso XIII, de Sevilla, á vez que se celebraba unha presentación e cata dos viños como actividade paralela ao certame, na que a D.O. Ribeiro participou cunha tasting table ao igual que outros 11 consellos reguladores e empresas.

Os premios obtidos foron os seguintes:
- Medalla de Ouro: Casal de Armán 2008 (adega: Javier González Vázquez)
- Medalla de Prata: Antonio Montero 2008 (colleiteiro: Antonio Montero Sobrino)
- Medalla de Prata: Armán barrica 2007 (adega: Javier González Vázquez)
- Medalla de Prata: Casanova 2008 (adega: Pazo Casanova)
- Medalla de Prata: Cuñas Davia 2008 (colleiteiro: Adegas Valdavia)
- Medalla de Prata: Eloi Lorenzo 2008 (colleiteiro: Javier Monsalve Álvarez)
- Medalla de Prata: Finca Teira 2008 (colleiteiro: Manuel Formigo de la Fuente)
- Medalla de Prata: Gomariz X 2008 (adega: María Álvarez Serrano)
- Medalla de Prata: Sanclodio 2008 (colleiteiro: Producións Amodiño)
- Medalla de Prata: Terra do Castelo Selección 2008 (adega: San Roque)

O Concurso Internacional de Vinos y Espirituosos (CINVE), recoñecido polo Ministerio de Medio ambiente,  Medio Rural y Marino, contou cun xurado formado por máis de 50 persoas no cal se inclúen enólogos, sumilleres, importadores de viños e espirituosos, comercializadores, xornalistas e líderes de opinión españois e estranxeiros, así como compradores internacionais.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página