As primeiras deixaron moi bó sabor de boca entre os organizadores, especialmente no Concello de Ourense, que non dubidou en organizar a segunda edición das II Xornadas Interculturais. Esta nova edición comeza o mércores da semana que ven e proxectarase ata o domingo, día 4 de outubro. As xornadas deste ano teñen como lema “Descobre culturas, comparte costumes”, e o alcalde amosou este venres no acto de presentación das mesmas, “unha dobre satisfacción, porque representa a esencia das liñas maestras de actuación máis sentidas por parte do goberno, e reflexa o compromiso programático e político a favor da integración”.
 
 
Ourense acolle a partir do vindeiro mércores as II Xornadas Interculturais do Concello  
26 de SETEMBRO de 2009: OURENSE DIXITAL

Trala celebración o ano pasado das  Xornadas Interculturais do Concello de Ourense, que acadaron un “notable éxito”, sinalou a concelleira de Benestar Social do Concello de Ourense, Marga Martín, este ano levarase a cabo unha segunda edición que terá lugar entre o vindeiro 30 de setembro e o 4 de outubro. As xornadas deste ano teñen como lema “Descobre culturas, comparte costumes”, e foron presentadas este venres. Serán na Praza Maior e no Centro Cultural da Deputación.

Nesta edición, desenvolveranse entre outras, actividades como charlas, debates, conferencias e audiovisuais no Salón de actos do Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense, e unha exposición de arte e cultura, baile, folclore e degustacións gastronómicas na Praza Maior, de diversos países como Venezuela, Colombia, República Dominicana, Senegal ou Marruecos, entre outros.
Na presentación das Xornadas, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez amosou “unha dobre satisfacción, porque representa a esencia das liñas maestras de actuación máis sentidas por parte do goberno, e reflexa o compromiso programático e político a favor da integración”.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Marga Martín, manifestou a súa vontade de continuidade da actividade, e agradeceu ás Asociacións de Inmigrantes pola súa importante aportación, e pola súa participación, “que de seguro será moi activa”.
Asimesmo, Marga Martín salientou a “relevante responsabilidade do goberno municipal na integración, impulsando políticas que fagan posible que a convivencia sexa unha realidade”.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Marga Martín