Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez, alcalde

 
  A Xunta Local de Goberno do Concello de Ourense visou este xoves unhas obras moi reivindicadas polos veciños de Rairo, as de canalización das augas pluviais deste nucleo, así como as de mellora da Praza de Rairo. Foron adxudicadas en algo máis de 300.000 euros. Na mesma reunión acordouse acometer a mellora da rede de saneamento en cinco núcleos rurais, cunha inversión de 150.000 euros, mentras a Área de Infraestructuras levou á Xunta de Goberno o convenio coa Consellería de Medio Rural para execución de obras de infraestructura rural.
 
 
O Concello adxudicou en algo máis de 300.000 euros as obras de captacións das pluviais de Rairo
25 de SEPTIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou na súa xuntanza deste xoves as obras de canalización de augas pluviais e humanización da Praza de Rairo, cun orzamento de 316.031,05 euros, que serán realizadas pola empresa TRAIMA S.L. Trátase dunha vella demanda veciñal, expresada ao alcalde en varias ocasións polos veciños, e que agora o Concello de Ourense acomete definitivamente.
As obras teñen como finalidade afrontar a canalización que permita encauzar e transportar as augas pluviais procedentes das obras de drenaxe OD-1 da nova estrada de conexión da Nacional 525 coa OU 536, no tramo comprendido entre A Granxa e Rairo, e se completan coa humanización dun espacio público nesta última localidade.

Básicamente, o proxecto plantexa a construcción dun novo colector, independente do saneamento actualmente existente, que conduza as augas pluviais ata o regato máis cercano (Regueiro de Zaín), situado a unha distancia de aproximadamente un kilómetro. O colector discurrirá a través do pobo, primeiro pola rúa do Souto ata a estrada CV-401, que atravesará e continuará pola pista asfaltada que conduce ó núcleo de Canavelar, cruzando a vía do ferrocarril, ata chegar ó regueiro de Zaín.

O proxecto contempla tamén a humanización da Praza de Rairo, que será dotada dun novo pavimento, que será de taco de granito nas zonas de viais e beirarrúas, e de lousas de granito no interior da praza. A actuación inclúe tamén a construcción de novas escaleiras, varanda, marquesina e iluminación, así como o soterramento dos colectores de lixo.

Melloras do saneamento en 5 núcleos rurais

Na mesma sesión, a Xunta Local acordou destinar un investimento de 150.000 euros á execución de obras de ampliación das redes de saneamento en cinco núcleos rurais do termo municipal. O programa de actuacións, que desenvolverá a Concellería de Medio Ambiente, permitirá mellorar este servicio nos núcleos de Abeleda, cun investimento de 13.710,82 euros, Cabeanca ó que se destinarán 24.720,02, Ceboliño, con 40.866,08, Palmés, con 29.700 e Pereiro, con 41.003,08. As obras serán realizadas no presente ano 2009.

Convenio para obras de infraestructura rural e proxecto do Campo da Feira

Pola súa banda, a área de infraestructuras levou á Xunta de Goberno o convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense en relación coa execución das obras de infraestrutura rural. O documento contempla o acondicionamento do camiño de Vilar das tres a Vilar Paradela ;  Camiño da Rega; camiños dos Santos e da Cima e a Borraxeira (Mende), así como o afirmado do camiño da Aviñoá (Vilar)

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación provisional do contrato de redacción do proxecto urbano de reordenación do ámbito definido como “Área Termal Campo da Feira”. Este trámite suporá a definición de usos das dúas áreas de reparto que aquí contempla o PXOM, permitindo o futuro desenvolvemento urbanístico deste chan, de localización estratéxica na cidade e contemplado dentro do Plan Estratéxico Termal de Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página