A II Reunión do Consello Consultivo de Empresarios Ourensáns no Exterior foi un repaso aos proxectos que ten en marcha o Goberno desta cidade, e rematou cunha rolda de opinións dos invitados que foron expoñendo os seus puntos de vista ao previamente exposto. Alcalde da cidade, concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, así como o director xeral de Emprego e Promoción Económica do Concello e o vicerreitor do Campus de Ourense, fixeron unha exposición de todo o proxectado en cada seu eido para a cidade. Pola súa parte, Francisco Rodríguez fixo fincapé en dous feitos inmediatos: a presentación “en poucas semanas” do Plan Especial das Burgas, unha parte moi importante do Plan Estratéxico Termal da cidade; e no feito de que en menos un mes se presentará o estudo informativo da Variante Exterior da Alta Velocidade en Ourense.
 
Noticias Relacionadas
  Rodríguez confía en lograr para Ourense un sanedrín de ourensanos en el exterior
 
 
Rodríguez califica a Variante Exterior do AVE como “o proxecto de proxectos” da cidade
El 6 de octubre del pasado año se constituía el Consello Consultivo de Empresarios Ourensanos en el Exteriro (ARCHIVO)
19 de SEPTIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Ourense acolleu este venres a II Reunión do Consello Consultivo de Empresarios e Profesionais Ourensáns no Exterior. Unha vintena de empresarios que teñen diferentes negocios fóra de Ourense acudiron á cita deste Consello que celebraba a súa II Reunión co obxectivo de repasar o nivel de cumprimento dos obxectivos fixados no encontro do ano pasado, establecer outros novos e coñecer cal é a situación actual da cidade en diferentes ámbitos.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, foi o encargado de inaugurar a orde do día. Ademais de dar a benvida a tódolos asistentes e agradecer a súa asistencia, o rexidor quixo destacar que nesta reunión “se vai a falar de Ourense e do gran proxecto que todos queremos construír para o Ourense do futuro”. O alcalde falou de que este encontro serve para que estes homes e mulleres coñeceran a situación actual da cidade no referente ós proxectos estratéxicos e, sobre todo, para que “axuden a enriquecer e mellorar os proxectos destacados que hai en marcha na cidade”.
Francisco Rodríguez explicoulles ós empresarios que o novo Proxecto de Urbanismo, PXOM, xa está en marcha dende o mes de xaneiro. Ademais adiantou que o “proxecto de proxectos”, a entrada do AVE na cidade está a punto de dar un importante paso adiante xa que en menos dun mes sairá á luz o estudio da variante exterior do AVE na cidade.

Pola súa banda, José Ángel Vázquez Barquero, Director Xeral de Emprego e Promoción Económica do Concello, fixo un repaso das iniciativas que se crearon na pasada convocatoria e do estado no que se encontran na actualidade. Barquero quixo destacar para comezar o Pacto Local para a promoción do emprego que se estableceu en colaboración cos sindicatos e entidades sociais da cidade. A continuación fixo un repaso punto por punto dos obxectivos que quedaran establecidos da anterior reunión e dos avances que tivero lugar durante este tempo.

Algúns dos máis destacados son a adquisición de solo empresarial, a creación dun viveiro de empresas e de escolas-taller e obradoiros ademais dun Plan de Marketing Urbano. Tamén fixo especial fincapé no fomento da cultura emprendedora e na formación, inserción e cooperación dos ourensáns a través de iniciativas como Auria Inserta ou o PROEXPEM. Por último, abriu a posibilidade de crear unha exposición para que a cidadanía coñecese a actividade real destes emprearios e valorase o seu traballo.

A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, comezou a súa exposición dicindo que “a cidade terá sentido se é apetecible para vivir, traballar e, sobre todo, quedarse nela, e iso é no que estamos traballando”. A concelleira destacou varios proxectos clave para o futuro de Ourense durante a súa intervención. O Plan Estratéxico de Termalismo, a Ronda Bulevar, o solo empresarial, a zona do Campus e a entrada do AVE foron os puntos centrais xunto coa adquisición de espacios para equipacións destinadas o uso dos cidadáns.

O vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, pola súa parte, falou do futuro Proxecto de Remodelación e de novas dotacións e funcións do Campus de Ourense resumindo os puntos fundamentais deste proxecto que se fixo pensando que “o Campus mirase á cidade, tendo en conta a chegada do AVE, e que fose realista”. Gálvez destacou como puntos importantes a ter en conta o Xardín das Lagoas, a futura praza da Universidade e a zona deportiva, que vai a ser a máis importante de toda a cidade.

A última intervención correu a cargo de Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente, quen lle explicou ós asistentes o futuro Parque Botánico de Montealegre. Falando da débeda histórica da cidade con esa zona, aclarou que este proxecto pretende “compatibilizar a preservación do medio xunto coa riqueza que este produce”. Ademais de destacar a Ourense como a provincia “con maior potencial natural de España”, anunciou que as obras deste novo espacio verde da cidade comezaran nun prazo dun mes.

Para rematar, abriuse a rolda de intervencións dos membros do Consello no que un por un foron expoñendo a súa opinión e perspectiva sobre o falado, ó tempo que agradecían ó Concello a organización desta reunión e propoñian novas ideas a desenvolver polos membros do Consello. O alcalde foi o encargado de clausurar o acto, que deu paso a unha comida á que asistiron tódolos membros deste Consello Consultivo de Empresarios e Profesionais Ourensáns no Exterior.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página