A Escola de Artes e Oficios Artísticos da Deputación de Ourense, ubicada na Praza Maior desta cidade, abrirá o seu prazo de matrícula este martes, día 15 de setembro, e será entre os días 15 e 30 deste mes cando se poida formalizar a correspondente inscripción, en horario de secretaría de 10:00 a 13:00 horas. A veterana institución, promovida e financiada pola Deputación provincial, imparte clases de debuxo para pintura, debuxo artístico, pintura, talla en madeira, modelado e vaciado, cerámica-alfareiría e esmalte de cerámica.
 
 
Francisco González releva a Alberto Pascual ao fronte da Escola de Artes e Oficios de Ourense  
14 de SEPTIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Dende este martes, día 15 de setembro, ata finais de mes, abre o prazo de matrícula a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. A institución provincial que promove esta Escola lembra que impartirá class neste novo curso de debuxo para pintura, debuxo artístico, pintura, talla en madeira, modelado e vaciado, cerámica-alfareiría e esmalte de cerámica.
Segundo datos da propia institución provincial, nestas disciplinas matriculanse anualmente entorno a 250 persoas, que participan das diferentes clases formativas (eminentemente prácticas) de maneira gratuita, en horario diario de 19:00 a 21:00 horas.
 
Así mesmo, informa a Deputación de Ourense que coa xubilación do anterior director, Alberto Pascual Carballo, a dirección da escola pasa a ser asumida no novo curso polo director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González Bouzán.
Precisamente o agora director saínte, Alberto Pascual, é o autor dun traballo titulado “Más de cien años en la vida de Ourense. Escuela Provincial de Artes y Oficios”, no que se reflicte a extensa e longa traxectoria da Escola de Artes Oficios de Ourense no seu primeiro século de vida.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Francisco González Bouzán