A partires do mércores desta semana, día 16, Ourense únese as celebracións da Semana Europea da Mobilidade, que se extenderán ata o vindeiro día 23. Para o día 22 está prevista unha “bicicletada” coa que as bicis tomarán as rúas da cidade, ao tempo que se potenciará empregar o transporte público. Nesta xornada, viaxar en bus será completamente gratuito.
 
 
Este mércores arranca a Semana Europea da Mobilidade tamén na capital ourensá  
14 de SEPTIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Entre o 16 e o 23 de setembro Ourense únese as celebracións da Semana Europea da Mobilidade cun amplo programa de actividades que teñen, como transfondo, o obxectivo de “concienciar á cidadanía das consecuencias do uso irracional do coche, fomentar o emprego de medios de transporte alternativos e traballar, en resumo, por unha cidade máis limpa e máis habitable”.  Esta iniciativa foi desenvolta desde as concellerías de Medio Ambiente, Mobilidade, Xuventude, Tráfico e Educación nun desexo de “traballar conxunta e transversalmente para a cidadanía” e conta coa colaboración de diversas organizacións da cidade. A Semana Europea da Mobilidade celébrase de xeito simultáneo en máis de 2.000 localidades de todo o continente.

O programa previsto contempla actividades para escolares, un coloquio cidadá, unha gincana, pasarrúas e, de cara a celebrar o martes 22 o “Día sen coches”, unha gran marcha en bicicleta pola cidade e a gratuidade dos autobuses urbanos.
Deste xeito, o día 22 de setembro viaxar en bus na cidade de Ourense será completamente gratuito, ao involucrarse tamén nesta celebración Urbanos de Ourense, a empresa concesionaria do servizo.
Tamén participan na celebración os colectivos ecoloxistas ADEGA, Amigos da Terra e Verdegaia.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Fernando Varela, concelleiro de Tráfico